Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

25/03/21 | 13:05 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade e ADOS agradecen a excelente participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue durante un ano marcado pola pandemia da covid 19

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra que, durante o 2020, rexistráronse 104.637 doazóns que permitiron o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos

25/03/21 | 12:42 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.440 casos activos por coronavirus

Un total de 111.478 pacientes xa están curados

24/03/21 | 17:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Sergas remata a reforma integral e ampliación de espazos e servizos do centro de saúde de Mondariz-Balneario cun investimento de 115.000€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o alcalde José Antonio Lorenzo, supervisan a actuación, que permitiu gañar case un 50% da superficie de atención sanitaria

24/03/21 | 17:23 | C. de Sanidade

A tuberculose descende en Galicia un 80% desde a posta en marcha do programa de prevención e control da enfermidade

Coincidindo co Día mundial da tuberculose, Sanidade informa que o 96,4% dos pacientes que iniciaron tratamento en 2019 xa se curaron, unha porcentaxe moi por riba do obxectivo da OMS que é do 85%

24/03/21 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa o remate das obras de acceso ao hospital vigués do Meixoeiro, que incorpora un novo viario no recinto

A delegada territorial da Xunta remarca que con esta intervención favorécese a mobilidade dos pacientes e do persoal sanitario que se achegan a este centro

24/03/21 | 14:01 | C. de Sanidade

Sanidade confirma a estabilización dos datos epidemiolóxicos de Galicia e apela a prudencia e a responsabilidade

A prioridade no proceso de vacinación da Xunta continúan a ser as persoas maiores de 80 anos, das que 98.216 xa foron vacinadas

24/03/21 | 12:49 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.447 casos activos por coronavirus

Un total de 111.313 pacientes xa están curados

23/03/21 | 20:31 | C. de Sanidade

O comité clínico recomenda manter o nivel máximo de restricións nos concellos de Beade e Maside

Establece o nivel alto para os municipios de Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona

23/03/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza detalles do terceiro Plan de Rescate aos hostaleiros e pide ao Goberno central axilidade e criterios obxectivos no reparto das axudas

O vicepresidente primeiro calcula que a Galicia lle corresponden arredor de 300 millóns tendo en conta o peso das pequenas empresas na comunidade

23/03/21 | 12:55 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade pon en marcha Xanela Aberta á familia, sitio web de fomento de estilos de vida saudables na familia e na infancia

Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen tamén anunciou unha guía de consellos alimentarios na infancia