Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

14/04/21 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As visitas escolares por videoconferencia a ‘Faraón. Rei de Exipto’ arrancan con 2.000 estudantes inscritos nunha semana

O Museo Centro Gaiás ofrece ata o 18 de xuño 80 videoconferencias didácticas, nas que tamén se inclúe a exposición ‘Os brancos segredos do seu ventre’

14/04/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Catedral na reapertura das visitas desde hoxe ao Pórtico da Gloria

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez participaron hoxe na presentación do programa de visitas gratuítas, que se retoman con aforo limitado e reserva previa despois da cancelación pola covid-19

13/04/21 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo participa na presentación de ‘Camiño creativo’ que impulsará unha vintena de proxectos culturais

O secretario xeral de Cultura salienta a importancia de fomentar o emprendemento cultural e o apoio aos novos talentos

13/04/21 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego estrea este xoves ‘Terceiro acto’, unha reflexión sobre a última etapa da vida

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta o impulso que lle está a dar a Xunta á escena coa estrea da segunda produción do CDG este ano

13/04/21 | 10:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta establece un procedemento regrado para a aprobación de centros e institutos de investigación universitaria

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a orde que regula, dun xeito obxectivo e transparente, a autorización dos entes de investigación que crean as universidades dentro da súa autonomía

12/04/21 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As axudas da Xunta ao impulso do sector escénico propician o reencontro co público dunha trintena de espectáculos

Sarabela, Excéntricas, Teatro do Noroeste, Ningures, Talía, Ibuprofeno, La Macana ou Carlota Pérez remataron xa o proceso de recuperación dos proxectos subvencionados, combinando residencias artísticas con representacións

11/04/21 | 09:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa máis de 400 concertos nas 28 salas beneficiarias das axudas para a programación musical do Xacobeo 2021

Publícase a adxudicación da convocatoria extraordinaria de subvencións, dirixida a espazos legalmente habilitados para organizar espectáculos musicais con público

10/04/21 | 09:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa, con de preto de 1M€, a creación de espazos de tecnoloxía aplicada e aulas de emprendemento en centros de FP

Estarán dotados de equipamento e recursos para mellorar a cualificación dos estudantes de cara ao mundo laboral

09/04/21 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arantza Portabales arranca o ciclo ‘10 anos, 10 autores, 10 libros’ no marco do décimo aniversario da Biblioteca de Galicia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na iniciativa que permitirá coñecer as influencias literarias dalgúns dos autores galegos máis lidos

09/04/21 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa nun 40% as axudas para a promoción do uso do galego por parte dos concellos

Destínanse 350.000 euros a apoiar a creación, o reforzamento dos servizos lingüísticos, así como ás programacións municipais de dinamización lingüística