Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

08/06/21 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A primeira convocatoria das probas para exercer como xestor de transporte por estrada en empresas de mercadorías e de viaxeiros realizarase o vindeiro 26 de xuño en Santiago

O DOG publica hoxe a resolución na que se establece que os exames se realizarán no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

07/06/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 280.000€ ao Concello da Lama para a mellora viaria e de sinalización do polígono industrial de Racelo e para a creación dun viveiro de empresas

O delegado territorial, Luis López, anuncia esta nova achega, que financia o 80% dos 350.000€ de investimento, nunha visita ao parque empresarial xunto ao alcalde, Jorge Canda

07/06/21 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de saneamento da Malata tras un investimento de 7,3 millóns de euros e urxe ao concello de Ferrol a poñelas en servizo o antes posible

Vázquez Mourelle pon en valor a actuación para mellorar a calidade de vida na cidade e para completar o saneamento integral da ría, ao que o Goberno galego leva destinados máis de 115 M€

07/06/21 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso en Noia e Outes por preto de 574.000 euros

O inicio dos traballos prevese a comezos de xullo, cun prazo de execución de 6 meses

07/06/21 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia mañá as obras de rehabilitación dos paramentos dun paso inferior da estrada AC-552 na Coruña

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 2 meses

05/06/21 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns a mellora do firme na estrada autonómica OU-536 no Pereiro de Aguiar, cun investimento autonómico de 80.000 euros

As obras, cunha duración aproximada de entre dous e tres días, consisten no estendido de microaglomerado en toda a anchura da calzada entre os puntos quilométricos 4+300 e 7+200 da estrada

05/06/21 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/06/21 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada AC-552 en Arteixo fará necesarias adaptacións na circulación desde o luns

A noite de domingo disporase a sinalización na zona de actuación, para comezar o luns os labores de acondicionamento da glorieta proxectada no quilómetro 2+880

04/06/21 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Irixoa selan a colaboración para completar o servizo de saneamento no municipio, que suporá un investimento de 310.000 euros

Executaranse 5 ramais en tubaxe, que se instalarán nas marxes das estradas existentes, entre elas, a vía autonómica AC-151 e a provincial DP-0905

04/06/21 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas