Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

19/04/21 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a divulgación do legado de Camilo José Cela coa renovación da páxina web da súa fundación

O novo espazo dixital foi realizado co fin de facela máis interactiva e fácil de usar así como para incrementar a promoción sobre o traballo do escritor

18/04/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás festexa o Día do libro cunha narración musicada para público familiar da primeira tradución ao galego do ‘Quixote’

A iniciativa impulsada pola Xunta foi impartida pola contadora Soledad Felloza e baseouse na tradución realizada polo equipo dirixido por Valentín Arias

18/04/21 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e ASOTRAME colaboran na inclusión no ensino do alumnado tras períodos longos de hospitalización

Difundirán a ‘Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado’

17/04/21 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 424.000 euros para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba de Bande

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitaron hoxe o edificio no que se levarán a cabo as actuacións de acondicionamento para poñer en valor a contorna da igrexa de San Trocado e fomentar o turismo cultural

16/04/21 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre en Vigo a programación académica do instituto Castelao en homenaxe á antiga alumna Xela Arias

O secretario xeral de Política Lingüística e a delegada territorial da Xunta participaron no acto inaugural e na descuberta dunha placa no salón de actos que desde hoxe recibe o nome da anfitrioa das Letras Galegas 2021

16/04/21 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á celebración do Día da Danza na Estrada co seu apoio ao programa ‘6coreógrafas’ de Paula Quintas

O director de Industrias Culturais participou na presentación das funcións, coloquios e obradoiros asociados a este proxecto, subvencionado a través da liña extraordinaria de axudas ao impulso do sector escénico

16/04/21 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reitera o seu “compromiso constante e estable” á Orquestra Sinfónica de Galicia que prevé ampliar este ano

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta no Parlamento o esforzo orzamentario que se vén incrementando un 25% nos últimos anos

14/04/21 | 18:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta comprométese coa creación dun novo museo no Concello de Monterroso cunha achega de 200.000€

Prevese que o Consello da Xunta dea mañá luz verde ao convenio de colaboración que permitirá facer realidade este proxecto

14/04/21 | 15:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o seu apoio ao festival Bal y Gay, unha das mellores citas de música clásica en pequeno formato de Galicia

Anxo M. Lorenzo destaca a calidade desta cita e a importancia de fomentar iniciativas que promovan o turismo cultural e saian dos circuítos habituais

14/04/21 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora as axudas a curtametraxes, obras audiovisuais dirixidas por mulleres ou rodadas integramente en galego

O DOG publica hoxe unha adaptación das bases para a súa aplicación urxente no marco do Plan de reactivación da cultura