Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

11/06/21 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que máis de 1.100 mozos do Salnés viaxan gratis por toda Galicia coa Tarxeta Xente Nova que lles permite aforros de ata 1.500 euros ao ano

Vázquez Mourelle subliña que con este dispositivo todos os menores de 21 anos teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde nas máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta

11/06/21 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de execución da nova senda na PO-308 entre Fontenla e Combarro, no concello de Poio

A intervención conta cun investimento autonómico que rolda os 975.000 euros e desenvólvese nun treito de preto de 1,7 km

10/06/21 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta porá en servizo esta semana as dúas novas glorietas de Lapamán e de Agrelo, en Bueu, executadas no marco das actuacións de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551

Estas rotondas enmárcanse na intervención que está a executar a Xunta para eliminar un treito de concentración de accidentes na estrada PO-551, en Bueu e Marín, cun investimento de 1,2M€

09/06/21 | 15:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 1,5 millóns de euros as obras de renovación integral do firme en máis de 30 quilómetros da estrada PO-552 e nun treito da PO-325

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar este verán as actuacións en toda a lonxitude da PO-552, ao seu paso polos municipios de Oia, A Guarda, O Rosal, Vigo, Nigrán e Baiona

09/06/21 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 174.000 euros a 18 comunidades de usuarios de augas da área territorial de Vigo para proxectos de mellora nas traídas veciñais

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe á Comunidade de Usuarios de Augas de Atios no Porriño para comprobar os traballos de reforma e reparación realizados no sistema de abastecemento

09/06/21 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pide que o Goberno de España confirme que as bonificacións da AP-9 se aplicarán en xullo e incluirán o transporte de mercadorías

Vázquez Mourelle lembra que o ministro de Transportes se comprometeu co presidente da Xunta a realizar os trámites para que os descontos comezasen en xullo como moi tarde e coa máxima bonificación posible para o transporte de mercadorías

09/06/21 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de integración paisaxística do Camiño Francés en Santiago fan necesarios cambios no tráfico na tarde do venres e na mañá do sábado na zona dos Concheiros

Para realizar o asfaltado do carril descendente de Rodríguez de Viguri habilitaranse itinerarios alternativos, tanto de baixada como de subida, para o tráfico nesa contorna

08/06/21 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública os proxectos de construción de dous tramos de sendas peonís e ciclistas na estrada autonómica AC-552 en Coristanco

O primeiro dos tramos construirase no remate da senda Carballo-Bértoa e no entorno do centro comercial e o segundo entre Agualada e o cemiterio de Agrilloi