Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

07/04/21 | 15:23 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia xa vacinou contra a covid-19 ao 87% das persoas maiores de 80 anos

203.596 persoas maiores de 80 anos xa foron vacinadas, e o 2,63% dos citados deste grupo de idade rexeitaron a vacinación

07/04/21 | 12:50 | C. de Sanidade

Unha unidade móbil de ADOS acolle a doazón do reitor da Universidade de Santiago de Compostela e convida aos estudantes a participar activamente

A pasada semana a USC e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), asinaron un novo convenio de colaboración que permitirá incentivar a doazón altruísta nos campus de Santiago e Lugo

06/04/21 | 21:34 | C. de Sanidade

O comité clínico establece o nivel máximo de restricións nos concellos da Proba do Caramiñal e O Grove

Tamén determina o nivel alto para os municipios da Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral

06/04/21 | 11:10 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.211 casos activos por coronavirus

Un total de 113.221 pacientes xa están curados

05/04/21 | 14:24 | C. de Sanidade

A Xunta comeza mañá unha nova vacinación masiva citando a 145.000 persoas nas sete áreas sanitarias

O Sergas convocará a 90.000 persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946 para recibir a súa primeira dose da vacina da covid entre o xoves e o domingo desta semana

05/04/21 | 13:51 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso coa sanidade do rural coa construción ou renovación na última década de 38 centros de saúde en concellos de menos de 5.000 habitantes

Garante a construción ou renovación nesta lexislatura de 39 centros de saúde na Comunidade, dos cales 9 xa están executados

05/04/21 | 10:32 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 105 persoas por 76 accidentes de circulación durante a Semana Santa

Desde as 15,00 horas do mércores, 31 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 92 chamadas por accidentes de tráfico

04/04/21 | 10:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.167 casos activos por coronavirus

Un total de 113.023 pacientes xa están curados

03/04/21 | 11:51 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.223 casos activos por coronavirus

Un total de 112.878 pacientes xa están curados

01/04/21 | 14:06 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia continúa toda esta Semana Santa coa vacinación dos maiores de 80 anos

O Executivo galego quere remarcar que, neste proceso de vacinación, os maiores de 80 anos son a súa principal prioridade, e a súa vacinación seguirá a ser nos centros de saúde, dispositivos máis cercanos á cidadanía