Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

30/04/21 | 19:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez asiste en Santiago á rodaxe da miniserie ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’

A Xunta cofinancia o proxecto cunha subvención de case 260.000 euros pola liña dirixida a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego

30/04/21 | 19:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Etnolóxico de Ribadavia mostra 23 pezas da Colección Abrente que nunca foran expostas

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a última fase da exhibición dos bens da asociación cultural custodiados neste centro

30/04/21 | 12:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

'Relato para un incendio', de Ernesto Suárez Is, gaña a primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral

O autor, seleccionado entre 20 candidaturas, é dramaturgo, narrador oral e profesor de teatro e escrita dramática

29/04/21 | 20:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Isabel Risco e Fran Rei recrean a primeira banda tecno galega no 'Dúo vaguedades' do fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021

O secretario xeral de Política Lingüística e os dous actores presentaron as pezas nas que mesturan humor e música da man de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal

29/04/21 | 17:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta marca como unha das súas prioridades de actuación o fomento do uso do galego nas familias e a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta no Parlamento as liñas de traballo do seu departamento, que aumenta o seu orzamento un 53%

29/04/21 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as subvencións a festivais de música e de artes escénicas cun orzamento de 540.000 euros

Retómase a modalidade dirixida aos eventos musicais, despois de que en 2020 fora substituída por outros apoios ao sector debido ás cancelacións pola pandemia

29/04/21 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Día da Danza coa convocatoria dun novo ciclo que levará esta arte a espazos singulares dunha trintena de concellos

'Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio’ porá en valor a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a través dun programa de artes do movemento

28/04/21 | 16:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O espectáculo ‘Jazzliza’ apoiado pola Xunta na Coruña conmemora as Letras Galegas a ritmo de jazz e poesía

A actividade enmárcase na programación do Goberno galego para o 17 de maio e conta coa colaboración do Conservatorio Superior de Música herculino

28/04/21 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o XXII premio Elías Valiña que distingue o labor de entidades revitalizadoras do Camiño de Santiago

O galardón está dotado con 10.000€ e as candidaturas valoraranse en función das intervencións para protexer e fomentar o coñecemento do Camiño de Santiago

28/04/21 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece o traballo de cinco estudantes cos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais

A iniciativa recoñece e valora publicamente os méritos académicos excepcionais baseados no esforzo e no traballo dos alumnos no pasado curso 2019/20