Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

18/01/22 | 12:47

A Xunta axilizará a análise para declarar a primeira área de rehabilitación integral de Cortegada

Ángeles Vázquez salienta que anualmente se convocan axudas para estes ámbitos que benefician tanto a particulares como a concellos

17/01/22 | 13:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a Xunta seguirá apostando polo fermosismo galego cun Plan Hurbe que ten mobilizado desde a súa posta en marcha 150 millóns en 320 actuacións

Salienta que neste 2022 o plan continuará cunha dotación de 7 millóns de euros “para mellorar, humanizar e coidar”

16/01/22 | 13:05

A Xunta solicita aos concellos axilidade na concesión das licenzas urbanísticas para conseguir unha xestión eficaz dos fondos europeos de rehabilitación

Ángeles Vázquez indica que o tempo de execución dos programas é escaso, polo que pide apurar ao máximo as autorizacións municipais para permitir a execución a tempo dunhas actuacións que “son unha oportunidade para o futuro de Galicia”

14/01/22 | 12:13

A Xunta conclúe o trámite ambiental da revisión do Pepoch de Betanzos que conta cunha achega autonómica de 118.500 €

A Consellería de Medio Ambiente descarta efectos significativos, polo que non o somete a avaliación ordinaria, aínda que traslada a necesidade de identificar os bens de patrimonio cultural do ámbito e os elementos patrimoniais do Camiño Inglés

11/01/22 | 12:22

A Xunta incluirá a Ribadeo na oferta pública de adquisición de inmobles do Programa Rexurbe deste ano

Ángeles Vázquez indica que o IGVS prima a adquisición de inmobles nos concellos que contan cunha Área Rexurbe declarada, como é o caso deste municipio

10/01/22 | 12:52

A Xunta subliña o papel dos profesionais do urbanismo e da arquitectura para o desenvolvemento sostible do territorio e da riqueza paisaxística de Galicia

Ángeles Vázquez avanza que o seu departamento analiza as alegacións presentadas ao proxecto da Lei de arquitectura e buscará acordos cos principais colectivos e sectores que traballan a diario neste eido para que o texto sexa “o máis consensuado posible”

10/01/22 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa aos veciños de Teis da primeira fase do proxecto de humanización da PO-323, entre o cruce coa Avenida da Mariña Española e o IES Leixa

Esta primeira fase suporá un investimento de preto de 1,7 millóns de euros no acondicionamento de 500 metros de vía, o que se completará a continuación coa segunda fase

07/01/22 | 13:16

A Xunta inicia a redacción dos plans básicos municipais de nove concellos, dotada con 530.000 €

Os municipios correspondentes á segunda fase do impulso desta ferramenta de ordenación son Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón

25/12/21 | 12:30

A Xunta organizará o primeiro Congreso da Paisaxe de Galicia en 2022 un ano no que quere consolidar a súa aposta pola protección paisaxística

Subliña que o vindeiro ano o seu departamento destinará o maior orzamento da historia ás políticas de protección da paisaxe, dándolle continuidade a medidas desenvolvidas xa con éxito e apostando á vez por pactos, plans e liñas novidosas

21/12/21 | 18:12

A Xunta licitará este mes por máis de 430.000 euros as obras de humanización de San Pedro de Leirado, en Quintela de Leirado

Tamén se realizarán melloras bioclimáticas e de aproveitamento dos recursos hídricos deste núcleo, como a recondución das augas e o soterramento de liñas