Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

10/03/21 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará coa Autoridade Portuaria de Vigo na formación do persoal de vixilancia, seguridade e atención ao cidadán a través da AGASP

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, o convenio de colaboración para dotar á policía portuaria dunha formación específica co obxectivo de mellorar a súa actividade profesional

04/03/21 | 17:35

Galicia reivindica a importancia da conexión ferroviaria a Punta Langosteira para garantir a competitividade e a rendibilidade do peirao

A Xunta lembra que esta infraestrutura é vital para que o porto exterior poida captar novos tráficos e seguir medrando en beneficio da súa área metropolitana e do conxunto da comunidade galega

02/03/21 | 14:49

Portos de Galicia destina 550.000 euros a melloras no peirao de Ribadeo e proxecta unha dragaxe plurianual de 3,8 millóns

A presidenta do ente público respondeu a unha pregunta sobre investimentos no municipio na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento

25/02/21 | 17:10

Portos de Galicia compromete un investimento de 450.000 euros neste ano para o Porto de Muxía

O ente público ten en execución as obras de repavimentación do bordo portuario e en licitación a instalación de defensas e a reparación da lonxa

19/02/21 | 13:24

A Xunta manifesta vontade total para acadar un gran acordo que impulse a competitividade do porto da Coruña

Reafirma o seu compromiso e disposición co fin de avanzar en cuestións esenciais como a conexión ferroviaria ao porto exterior de Punta Langosteira e a súa situación financeira

18/02/21 | 14:44

Portos de Galicia destina máis de 2 M€ a melloras no peirao de Burela

O organismo vén de rematar a segunda fase de ampliación do abrigo e de asinar o contrato de execución da mellora da envolvente da nave de redes

18/02/21 | 12:44

Galicia busca sacar o máximo rendemento dos fondos europeos Next Generation para impulsar a cadea mar-industria

A Xunta traballa conxuntamente co tecido produtivo, os interlocutores sociais e expertos económicos co obxectivo de consolidar a resistencia dos sectores produtivos como o marítimo-pesqueiro no contexto da crise da covid-19

17/02/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita ao Goberno central que licite un dos estudos informativos existentes da Saída Sur de Vigo, unha infraestrutura "clave" para a cidade, para Galicia e para a Eurorrexión

Salienta que o informe elaborado pola Xunta acredita que a Saída sur de Vigo permitiría: reducir custos de transporte; atraer novos tráficos de carga e descarga; e mellorar a conexión coa Plisan; e incrementar a actividade portuaria un 6%