Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Infraestruturas:

11/05/22 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega recibe o recoñecemento ao progreso e desenvolvemento do seguro nos “premios Galicia Segura 2022” da Fundación Inade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na mesa “Diálogos: Valores profesionais e humanos” previa á cerimonia de entrega de premios

11/05/22 | 12:56

A Xunta apoia na comarca da Coruña a contratación de 64 desempregados como socorristas e para a prevención de incendios a través do programa aprol rural

O delegado da Xunta informou que, nesta área, a Consellería de Emprego e Igualdade investirá máis de 497.000 euros para a contratación de persoas desempregadas para desenvolver este tipo de tarefas

11/05/22 | 11:04

A Xunta incrementa nun 15% as axudas para contratar socorristas nas praias e piscinas de Ferrolterra durante este verán

A delegada territorial do Goberno autonómico, Martina Aneiros, avanzou que o investimento na zona é próximo aos 175.000 euros neste exercicio

10/05/22 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta formará a máis de 700 axentes da policía local, autonómica, nacional e da Garda Civil en materia de violencia de xénero

A Vicepresidencia Primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo vén de rubricar un acordo de colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade para cualificar estes corpos na intervención en casos de violencia de xénero e na prevención

06/05/22 | 19:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta define as Agrupacións de Voluntarios como piar fundamental na atención ás situacións de emerxencia na comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto de entrega de medallas e condecoracións da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV)

06/05/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 4 remolques de emerxencias a agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixeron entrega hoxe deste material ás agrupacións dos concellos de Sarreaus, Beariz, San Xoán de Río e Celanova, que se suman aos xa cedidos aos municipios de Carnota e Vilanova de Arousa

05/05/22 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da formación dos servizos de emerxencias para atender as incidencias relacionadas con Protección Civil e incendios

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe aos membros da nova xunta directiva da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros en Galicia

04/05/22 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a dotación de medios da Policía Autonómica e a renovación das súas instalacións para atender as súas funcións con eficiencia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou hoxe no Parlamento galego que a Xunta dotou nos últimos anos de 70 novos vehículos aos axentes, algúns deles destinados á protección e vixilancia dos Camiños de Santiago e á atención aos peregrinos neste Xacobeo

04/05/22 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello do Carballiño no acondicionamento do local de Protección Civil

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense , Gabriel Alén, visitaron hoxe o concello onde a directora asinou o convenio de colaboración co alcalde, Francisco José Fumega

04/05/22 | 10:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 280.000 euros na contratación dunha vintena de traballadores para a prevención de incendios en concellos de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, avanzou que as achegas por cada contrato son de 13.970 euros