Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

11/07/21 | 13:00 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza coa Fundación Nosa Terra os avances no proxecto do monumento aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a un dos representantes desta entidade para coñecer as novidades entorno a instalación desta escultura que estará dedicada aos máis de 8.000 galegos que fixeron posible a construción deste enlace entre o Atlántico e o Pacífico

09/07/21 | 14:49 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico centro español “La Nacional” de Nova York, ao remate do Camiño que realizou na honra do seu avó galego

O secretario xeral da Emigración agradeceu a representante deste histórico centro español con gran presencia de galegos, o seu interese por celebrar o Xacobeo, regresando así a Galicia tras 16 meses sen poder viaxar

06/07/21 | 14:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

Ademais tamén publicou a lista dos 100 suplentes así como a os 170 excluídos por non completar a documentación requerida

06/07/21 | 13:59 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos galegos do exterior

O convenio entre ambas institucións facilita que os solicitantes de información poidan atopar aos seus familiares ou documentación sobre os mesmos

05/07/21 | 12:07 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca os obradoiros para entidades galegas do exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para a posta en marcha de talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega

02/07/21 | 14:58 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre un novo portal en Galiciaaberta con información tributaria para residentes no exterior

O novo enlace permitirá coñecer aos residentes en 11 países de Europa e retornados a Galicia cuestións relativas as rendas, aos estados de tributación, as pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro

02/07/21 | 14:52 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 14 de xullo

A reunión será a terceira que se celebra este ano e volverá a convocarse de xeito telemático, co obxectivode manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia