Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

07/05/21 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o CSIC avanzan que 50 investigadores en ciencias do patrimonio se instalarán xa este ano no edificio Fontán do Gaiás

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e a presidenta do CSIC visitan as instalacións que ocupará o Instituto de Ciencias do Patrimonio

07/05/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Paideia colaboran nunha nova edición do concurso de bandas emerxentes 'Sonidos Mans'

Os grupos gañadores do certame terán a oportunidade de gravar nos Estudios Mans da Coruña e de tocar no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove

06/05/21 | 20:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
06/05/21 | 17:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza un programa de intercambio literario con Xeorxia para reforzar a proxección exterior da literatura galega

Tras o éxito da Residencia Xacobeo 21-22 que fixo posible que unha das tradutoras estadounidenses máis prestixiosas traduza obras en galego, o novo proxecto fomentará o intercambio cultural e literario entre escritores

06/05/21 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a celebración da Feira do Libro de Santiago no marco do impulso á reactivación do sector cultural

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da cita, que se desenvolverá no Paseo da Alameda ata o 17 de maio

06/05/21 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora coa Federación de Cineclubs para achegarlles programacións cinematográficas a 13 localidades galegas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente da Feciga, Manuel Precedo, asinaron hoxe un convenio

06/05/21 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a 40 creadores emerxentes coa convocatoria da XI edición do ‘Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura’

Presentarán o seu proxecto creativo nunha estancia de catro días no Gaiás –entre o 22 e o 26 de agosto– establecendo un diálogo aberto con outros artistas

05/05/21 | 18:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima aos alumnos galardoados cos Premios Fernando Blanco, a seguir formándose na excelencia académica para acadar o éxito persoal e profesional

O conselleiro de Educación participou no acto virtual de entrega dos galardóns aos cinco mellores expedientes do instituto de Cee que leva o nome deste benefactor que apoiou a educación como feito diferencial de progreso

05/05/21 | 16:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 17 de maio regresa a carreira 'Camiño das Letras' para homenaxear a Xela Arias na Cidade da Cultura

O Gaiás volve ser a meta da VII edición do evento que patrocina a Xunta para celebrar a festa da lingua galega e poñer en valor o Camiño de Santiago

05/05/21 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta fixa os exames oficiais de acreditación do Celga do 22 de maio ao 12 de xuño

As listaxes definitivas de persoas admitidas nas probas, 2766 en total, están xa publicadas no Portal da Lingua Galega