Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

24/06/21 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda para executar 70 actuacións de mellora da seguridade na rede viaria autonómica no entorno dos camiños de Santiago, que suporán un investimento de 1,4M€

Trátase de reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos cruzamentos das estradas autonómicas coas rutas xacobeas, ou nos treitos da traza coincidentes, para favorecer unha mobilidade máis cómoda e segura para peregrinos e veciños

24/06/21 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita dous contratos para impulsar a dixitalización e a innovación na xestión integral das estradas autonómicas, cun investimento de 1,8 M€

Permitirán poñer á disposición dos cidadáns unha gran cantidade de información, mellorando a transparencia, optimizando os recursos da administración e aforrando custos e tempo nas tramitacións administrativas

24/06/21 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 890.000 euros as obras de mellora do firme na estrada PO-212 entre Rodeiro e Agolada

Os traballos empezarán na segunda quincena de xullo e terán un prazo de 6 meses

24/06/21 | 11:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do concello de Valga da estrada autonómica PO-190 en Ferreirós

Transfírense un treito de 730 metros de modo previo á licitación da 2ª fase de urbanización desta vía, que financiará a Administración autonómica cun investimento de máis de 530.000 euros

23/06/21 | 17:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que a Xunta investiu case 25 M€ na última década en obras para reforzar a seguridade viaria e a mobilidade no Concello de Nigrán

Asegura que Nigrán é un dos municipios galegos que concentra máis esforzos do Executivo autonómico en materia de estradas e de seguridade viaria

23/06/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as primeiras axudas para que as comunidades de traídas veciñais instalen medidores de caudal e detecten fugas de auga nas instalacións

Os incentivos oscilarán entre os 6.000€ para comunidades de ata 50 membros e os 12.000 para as de 51 ou máis integrantes, e poderán solicitarse desde mañá e ata o 23 de xullo

23/06/21 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 360.000 € as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 entre Porzomillos e Oza, no concello de Oza-Cesuras

Executarase unha senda e mellorarase a intersección da estrada ao seu paso polo municipio, iniciando as obras en agosto e acometéndoas de xeito coordinado e simultáneo

23/06/21 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación de peitoril na ponte vella da estrada AC-550 en Noia

Esta intervención, que suporá un investimento de máis de 48.000 euros, iniciarase nas vindeiras semanas, cun prazo de execución de 1 mes

23/06/21 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 14 ofertas para o mantemento da autovía Dozón-Ourense nos vindeiros 4 anos, cun investimento de máis de 7,6 M€

O servizo inclúe as tarefas de conservación e de vialidade invernal no tronco da AG-53, no ramal ao Carballiño (AG-54) e en todos os ramais de enlace, camiños de servizo e cruces

23/06/21 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 14 ofertas para actualizar o proxecto que completará a Rolda Leste de Lugo, licitado por preto de 200.000 euros

Das ofertas presentadas, 3 están conformadas por UTE, englobando un total de 17 empresas