Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/05/21 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie Hierro centra a 10ª edición da master class AuGAL, promovida pola Xunta e a Universidade de Vigo

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolle a partir de mañá catro sesións sobre distintos aspectos desta ficción de Portocabo

10/05/21 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima a divulgar o legado de Emilia Pardo Bazán desde as escolas e promover os seus valores na mocidade

Salientou a necesidade de contar con ferramentas pedagóxicas que afonden na igualdade e os dereitos das mulleres

10/05/21 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura unha exposición itinerante que achegará a figura de Xela Arias a 11 concellos galegos ata final de ano

‘Xela Arias. Asinamos ser libres’, comisariada pola profesora e biógrafa, María Xesús Nogueira, comeza o seu percorrido na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago

09/05/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta coproducirá os novos espectáculos coreográficos das compañías Elahood, Nova Galega de Danza e Colectivo Glovo

As súas respectivas pezas ‘Nó’, ‘Credo’ e ‘Tabú’ resultaron seleccionadas na convocatoria aberta pola Agadic no pasado febreiro

08/05/21 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima a fomentar a lectura desde a infancia na inauguración da 40ª Feira do Libro de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade pon en valor as medidas a prol do libro que se impulsan desde o ámbito educativo e fai un chamamento para devolverlle aos profesionais “o moito que nos deron durante o confinamento”

07/05/21 | 21:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez visita a rodaxe na Cidade da Cultura da longametraxe ‘Proyecto Emperador’, apoiada pola Xunta

O edificio do Museo Centro Gaiás acolle hoxe a gravación da película de Vaca Films, que conta cunha achega do Goberno autonómico de preto de 240.000 euros

07/05/21 | 20:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño Inglés protagoniza o audiovisual co que comeza o proxecto “Música no camiño”, impulsado no marco do programa “O teu Xacobeo”

A directora de Turismo de Galicia participou na presentación do audiovisual co que se promociona os recursos turísticos do municipio, especialmente vencellado coa Ruta Xacobea

07/05/21 | 18:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta difunde a cultura Xacobea cun espectáculo de monicreques sobre Don Gaiferos que chega a Lugo este domingo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se enmarca nunha proposta multidisciplinar sobre esta figura literaria financiada polo Goberno galego con 44.800 euros

07/05/21 | 17:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora coa agrupación folclórica Queixumes dos Pinos para divulgar o legado cultural do Santuario dos Gozos

O Goberno autonómico contribúe á posta en marcha dun novo vídeo promocional sobre a igrexa na que se celebra a romaría e festa popular de Pereiro de Aguiar