Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

31/05/21 | 19:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O libro ‘Aquela nena de Sarria’, apoiado pola Xunta, completa o proxecto-homenaxe do colectivo Egeria a Xela Arias

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no acto de presentación da obra na Casa da Cultura sarriá

31/05/21 | 18:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Cultura coñece o traballo desenvolvido na nova aula audiovisual da Fundación Igual Arte

Posta en marcha co apoio da Xunta, permitiu desenvolver diversas accións artísticas a prol da cultura como vía para a inclusión

30/05/21 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura despide a exposición 'As miradas de Isaac' que recibiu máis de 26.000 visitas nos seis meses de exhibición

O Museo Centro Gaiás acolleu un concerto do cuarteto de corda Grupo Instrumental S. XX para clausurar a mostra homenaxe a Díaz Pardo

30/05/21 | 11:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Federación Galega de Teatro Afeccionado colaboran no circuíto teatral e festival Agustín Magán

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade contribúe á programación de varias ducias de funcións por toda Galicia, a prol da descentralización da oferta cultural

29/05/21 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O escultor Francisco Leiro realizará unha intervención artística sobre o Camiño para o Bosque de Galicia

Enmarcada no Xacobeo 21-22, o proxecto procura unha obra contemporánea e universal, que dialogue coa cidade compostelá e os espazos naturais do Gaiás, co Camiño de Santiago como pano de fondo

28/05/21 | 20:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o valor de iniciativas como o Premio de Poesía de Carral para difundir o talento dos novos creadores galegos

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa no acto de entrega da XXIV edición, que recae no escritor vigués Álex Mene por ‘Os puntos do impacto’

28/05/21 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o seu apoio á Programación Lírica da Coruña como o referente galego para a produción e difusión da ópera

Achégalle á Asociación de Amigos de la Ópera 200.000 euros para levar a cabo a montaxe de ‘Payasos’, a versión en concerto de ‘Parténope’ e outras actividades de formación e exhibición deste xénero

28/05/21 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Cogami fomentarán a formación e o acceso cultural das persoas con discapacidade

Trátase dunha iniciativa que lle ofrece a estas persoas a posibilidade de vivir experiencias culturais ao tempo que se incentiva a súa aprendizaxe e curiosidade

27/05/21 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece o compromiso dos profesionais do libro do Porriño e a súa contribución á reactivación da cultura

É a primeira cita na provincia de Pontevedra do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Libreiros de Galicia que inclúe 12 paradas ata agosto

27/05/21 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro despide a temporada cos espectáculos ‘O mozo da última fila’, de Redrum, e ‘As virxes salvaxes’, de Teatro do Noroeste

As funcións, para as que xa se poden adquirir as entradas anticipadas, terán lugar o sábado 29 e o domingo 30