Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Transporte:

09/02/22 | 13:12

A Xunta constata a receptividade dos concellos máis pequenos por dotarse dun plan básico municipal

Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón son os concellos da segunda fase que apostan por este instrumento de ordenación, que a Xunta apoia cun orzamento de case 800.000 euros

04/02/22 | 13:03

A Xunta remite ao Concello de Vigo todos os informes recadados tras a aprobación inicial do PXOM

Un total de 17 organismos autonómicos, provinciais e locais responderon ao requirimento da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dentro dos tres meses que lles dá a Lei do solo para pronunciarse sobre o plan xeral

31/01/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Remata a humanización da Praza de Méndez Núñez de Portonovo, financiada pola Xunta coas axudas para mellora de infraestruturas municipais

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, supervisan o remate dos traballos, nos que se investiron 113.000 € cunha achega do 70% por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

29/01/22 | 10:51 | C. de Economía e Industria

Galicia activa máis de 8 millóns de euros para a mellora dos parques empresariais

A Xunta abre o prazo de solicitude para acceder ás axudas destinadas a modernizar as infraestruturas, que incorporan como novidade a posibilidade de instalar servizos de subministración de gas e hidróxeno; a implantar viveiros industriais e a liña para reforzar as redes de distribución eléctrica

28/01/22 | 14:05

A Xunta aproba o primeiro PXOM de Castrelo de Miño, que marcará o desenvolvemento urbanístico do concello durante os próximos 16 anos

Entre os obxectivos do novo instrumento cómpre subliñar a fixación de poboación a través de medidas como o fomento da ocupación de inmobles que estean baleiros ou a dotación de solo urbanizable residencial para promover novas vivendas protexidas

27/01/22 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia o nomeamento de Martina Aneiros como delegada territorial en Ferrol e incide no compromiso da Xunta coa comarca tras investir máis de 80 M€ en 2021

Anuncia que Ferrol Vello será a sexta Área Rexurbe da Comunidade con máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas

24/01/22 | 14:35

A Xunta inviste case 35.000 € na humanización da contorna da antiga ferrería en Triacastela

A obra enmárcase no Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego hai 12 anos e ao que xa destinou case 150 M€ para cofinanciar preto de 320 actuacións

24/01/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case medio millón de euros a 138 obras particulares e de concellos para corrixir impactos paisaxísticos na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que xa están convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos, tanto privados como municipais