Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Pesca:

28/10/21 | 13:02

A Xunta inicia a rolda de contactos para impulsar o Plan de xestión do Parque Natural das Fragas do Eume cunha reunión conxunta cos alcaldes da zona

Belén do Campo explica que o obxectivo é abrir un proceso de participación que marque a liña de traballo a seguir de cara á aprobación do documento o próximo ano

28/10/21 | 11:31

Medio Ambiente incrementa nun 3% a superficie nas que se deberán aplicar medidas para evitar a colisión e electrocución da avifauna nas liñas de alta tensión

Súmanse máis de 22.000 hectáreas de zonas de protección, que supoñen máis de 765.000 hectáreas na Comunidade galega

27/10/21 | 14:45

Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias crean o grupo de traballo do lobo ibérico no noroeste da península ibérica para elaborar a súa propia estratexia

Entre os seus obxectivos a curto prazo tamén estarán o de servir de punto de encontro para a emisión de criterios científico-técnicos, a posta en común de moitas décadas de experiencia e a creación dun censo coordinado

25/10/21 | 14:23

Medio Ambiente xestionará 445,3 M€ en 2022, un 20% máis, co obxectivo prioritario de facilitar o acceso á vivenda aos galegos

Ángeles Vázquez avanza unha nova medida para garantir un fogar á mocidade: a concesión dun aval por parte do Goberno galego para adquirir por primeira vez unha vivenda en propiedade

23/10/21 | 12:08

Vilamarín convértese no primeiro concello galego en asumir o compromiso de neutralidade climática en 2050

Acaba de adherirse ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía, o que implica aceptar os novos obxectivos fixados en xullo pola Unión Europea na materia

21/10/21 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda avanza que a Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 2022-2023 mobilizará 60 M€ para mellorar a recollida separada e camiñar cara a economía circular

Salienta que esta folla de ruta contará con oito novas liñas de incentivos para avanzar en eixos prioritarios como: a materia orgánica no contedor marrón; os refugallos domésticos especiais; e os puntos verdes

20/10/21 | 14:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola educación ambiental para concienciar á sociedade e seguir reforzando os lazos entre o patrimonio natural e a mocidade

Preto de 150.000 persoas participaron este ano nas accións divulgativas promovidas desde Patrimonio Natural para difundir os valores dos espazos protexidos de Galicia

18/10/21 | 14:27

A candidatura do Xeoparque do Cabo Ortegal sométese á deliberación do organismo que escollerá as propostas españolas deste ano

A responsable galega subliña a riqueza xeolóxica deste territorio como o seu principal aval e insiste na importancia de apostar por aquelas candidaturas con garantía de éxito

15/10/21 | 15:25

Ángeles Vázquez lembra que Galicia non sabe 'nin cando chegarán, nin canto suporán' as axudas do Goberno central para paliar os ataques do lobo

A conselleira de Medio Ambiente cre que Unións Agrarias “mostra a súa despreocupación polo sector agrogandeiro ao non desaprobar o desamparo ao que o somete o Ministerio para a Transición Ecolóxica co cambio de status da especie”

13/10/21 | 12:40

A Xunta impulsa unha orde para clarificar e axilizar o acceso de grupos organizados ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

A futura norma, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sométese a consulta pública previa desde hoxe e ata o vindeiro 11 de novembro