Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática Infraestruturas:

10/08/22 | 14:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto o prazo para acceder aos préstamos IFI innova cos que se prevé mobilizar 4 M€ para apoiar iniciativas empresariais innovadoras

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en San Cibrao das Viñas Coinscrap Finance, que co apoio deste instrumento desenvolve un módulo de asesoramento financeiro automático que dará recomendacións aos usuarios para axudarlles na súa planificación financeira
 

10/08/22 | 11:38 | C. de Economía e Industria

O próximo luns finaliza o prazo de inscrición para a cuarta edición da aceleradora BFAero

Ata o 15 de agosto, ás 14:00 horas, empresas ou proxectos empresariais poden presentar as súas candidaturas para incubar ou acelerar ideas innovadoras para o sector aeroespacial en Galicia
 

07/08/22 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 48 novos científicos posdoutorais incorpóranse a o sistema de investigación galego grazas ao apoio da Xunta

A Vicepresidencia primeira e a Consellería de Educación veñen de resolver as axudas de apoio á formación inicial, a través das cales se formalizan os contratos de 40 posdoutorais nas universidades galegas e oito noutros organismos públicos do sistema de I+D+i galego

06/08/22 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o persoal investigador para optar ás axudas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación

As persoas interesadas en recibir o asesoramento que presta a Axencia Galega de Innovación, no marco do programa Oportunius, poderán solicitalo ata o 12 de agosto

04/08/22 | 17:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa campamentos tecnolóxicos e musicais no albergue LUG II, nos que participan 160 mozos e mozas de toda Galicia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou aos 30 rapaces de 14 a 17 anos que asisten desde o pasado luns a esta actividade de O Verán que queres contar que combina as máis novidosas aplicacións como impresión en 3D ou ‘Design thinking’ con prácticas deportivas

03/08/22 | 15:47 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia con máis de 145.000 euros un proxecto piloto en Pontevedra que busca a produción de produtos de valor engadido mediante o bioprocesamento de insectos

A iniciativa -na que colaboran a Universidade de Vigo e a Fundación Empresa Universidade Galega- combina diferentes tarefas e subtarefas, centradas nas diferentes fases de preparado dos insectos e dos propios produtos

03/08/22 | 13:12 | C. de Sanidade

A Xunta adquire un novo mamógrafo para o Hospital Abente y Lago por un importe de 196.000 euros

O investimento forma parte dun contrato para renovar catro mamógrafos en toda Galicia, por preto de 800.000 euros

03/08/22 | 12:09

A Xunta continúa a aposta polas entidades de economía social coa oferta dun curso en liña para formar en ferramentas dixitais

A Rede Eusumo organiza unha formación de 40 horas para informar sobre as principais ferramentas que facilitan a xestión, o traballo colaborativo e a organización destas entidades
 

31/07/22 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto ata o vindeiro 5 de agosto o prazo para concorrer ás novas liñas de axuda ConsolidaBio e Centros de Investigación Empresariais

A través da primeira das convocatorias, ConsolidaBio, dotada con 3 M€, apoiarase a consolidación das pemes do sector biotecnolóxico a través da innovación

30/07/22 | 15:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta concede axudas a 30 empresas e autónomos de zonas illadas do rural para conexión a redes de máis de 100 megas

A Administración autonómica subvenciona ata o 100% dos custos para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario