Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

29/07/21 | 16:12 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha o terceiro Plan Moves, dotado con preto de 23 millóns de euros, para a compra de vehículos eléctricos e a instalación de puntos de recarga

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, precisa que estas axudas están dirixidas a particulares, comunidades de propietarios, empresas, entidades locais e administracións públicas

27/07/21 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avanza no rexistro de familias monoparentais de Galicia coas achegas da Asociación de Madres Solteras por Elección en Galicia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo unha reunión coa entidade para escoitar as súas suxestións

08/07/21 | 15:59 | A Presidencia da Xunta

O Goberno Galego outorga a Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación

Feijóo incide en que os profesionais que nos están axudando a saír do túnel a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e certamente salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización

05/07/21 | 19:06 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca os “logros innegables” da España das autonomías no equilibrio territorial, na xestión dos servizos públicos e no reforzo do sentimento de pertenza ao proxecto común

Salienta a pandemia como a proba máis recente de que o Estado das Autonomías funciona, recordando que as comunidades autónomas non só exerceron as súas competencias, senón que se viron obrigadas a suplir certa descoordinación do Goberno central

30/06/21 | 13:29

Feijóo aborda co embaixador de Rusia o impulso do Camiño de Santiago e valora a colocación dunha mouteira nunha das principais cidades do país

Traslada a oportunidade que para Galicia supón contar cunha oficina do cónsul honorario de Rusia en Vigo, de cara á profundar na cooperación entre ambos os territorios, referíndose especialmente aos posibles intercambios comerciais e empresariais que se poden establecer