Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

29/06/21 | 15:32 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica o espazo rexional e interrexional como o marco máis útil e próximo ao cidadán para despregar as políticas europeas

“Europa ten nas rexións un dos seus puntais, e as rexións teñen en Europa un punto de encontro para relacionarse e intercambiar experiencias”, di, lembrando especialmente os diferentes fondos que permiten o despregamento de proxectos concretos relacionados coas infraestruturas e con outros servizos públicos como a loita contra os lumes

29/06/21 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca os "lazos indestrutibles e eternos" entre Galicia e Arxentina na homenaxe a Raúl Alfonsín en Ribadumia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra asiste á recepción ao embaixador arxentino, Ricardo Alfonsín, e á ofrenda floral ao ex presidente neste municipio do Salnés

29/06/21 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa realizou en 2020 un estreito seguimento da resposta económica europea á crise da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, explicou na reunión do padroado da FGE as actuacións da entidade no 2020

22/06/21 | 16:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o traballo levado a cabo pola Eurocidade Chaves-Verín no Proxecto Eurocidade_2020

O Goberno galego participou no acto de peche do proxecto EUROCIDADE_2020 tras cinco anos apoiando a cooperación de proximidade nesta zona de fronteira

18/06/21 | 20:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de medio cento de entidades privadas galegas reciben formación da Fundación Galicia Europa en financiamento europeo

A directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, clausurou a primeira de edición para empresas do curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

17/06/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na atención das necesidades de auga, abastecemento e hixiene da poboación refuxiada na República Democrática do Congo

O Goberno galego activa o convenio con Farmamundi para mellorar o acceso ao almacenamento de auga e as condicións de saúde e hixiene de 2.400 persoas das proximidades da zona afectada pola erupción do volcán Nyirangondo

16/06/21 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no fomento da cooperación en ámbitos como a cultura, o turismo ou a innovación

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, explicou no Parlamento galego que a AECT foi a encargada de elaborar o Plan de Investimentos conxuntos de ambas rexións de cara á captación de fondos europeos no período 2021-2027

09/06/21 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga por estender a Estratexia Marítima Atlántica ás rexións británicas para fomentar a cohesión no espazo atlántico tralo 'Brexit'

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico (CAA)

08/06/21 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inaugura a primeira edición destinada ás empresas do programa de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a 13ª edición do curso “TecEuropa”, ante un amplo número de profesionais provenientes de entidades privadas galegas

03/06/21 | 17:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa coas universidades da Crusoe en proxectos de investigación en beneficio da Macrorrexión do Suroeste Europeo

O Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (Crusoe) está formada por 23 entidades de educación superior de Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria e as rexións norte e centro de Portugal