Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Cultura:

22/02/22 | 14:36

A Xunta anima aos galegos a optar a axudas de ata 15.000 € para mercar vivenda nun centro histórico

Ángeles Vázquez subliña que os veciños dos municipios de Ferrol, Neda, Mugardos e Pontedeume poden acollerse a este programa ata o vindeiro 30 de setembro

22/02/22 | 11:23

O esforzo inversor da Xunta tradúcese na proxección de máis de 1.000 vivendas protexidas na provincia da Coruña

Ángeles Vázquez lembra que, ademais de construír vivenda pública, o IGVS lanzará un novo concurso de solo residencial

21/02/22 | 12:52

A Xunta ofrecerá este ano unha trintena de axudas e incentivos no eido da vivenda para poñer á disposición de particulares, concellos e promotores máis de 150 M€

Ángeles Vázquez subliña a oportunidade que supoñen estes fondos para facilitar o acceso dos cidadáns a un fogar tanto en réxime de propiedade como en alugueiro e fomentar á vez as actuacións de rehabilitación do patrimonio xa construído

20/02/22 | 11:39

A Xunta informa aos 313 concellos que disporán de dous programas cun orzamento de 31 M€ para facilitar vivenda pública sostible e eficiente

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas para adiantarlles a próxima publicación de dúas liñas de axuda

19/02/22 | 12:41

A Xunta invita á comarca de Pontevedra a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda

A primeira sesión dos encontros informativos ‘Construíndo Fogar’ celebrarase o luns, 21 de febreiro, ás 10,30 h, na Delegación Territorial de Pontevedra, e contará coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo

18/02/22 | 14:30

A Xunta e o COAG reforzan o Proxecto Terra no 100% dos centros educativos galegos para ampliar a cultura da arquitectura e o urbanismo responsable

O Goberno galego e o Colexio de Arquitectos investiron 2 millóns de euros na última década para afianzar os contidos, as actividades e experiencias deste programa presente nas tres etapas educativas

15/02/22 | 13:59

A Xunta proxecta 57 vivendas de promoción pública na rúa Lorenzo Varela Poeta de Lugo, cun orzamento estimado de 7,8 M€

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que está previsto licitar a redacción do proxecto no segundo trimestre deste ano

14/02/22 | 11:31

A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública na cidade da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, lembra que están abertas as dúas liñas de axudas para compra ou rehabilitación de vivendas protexidas

13/02/22 | 12:07

A Xunta construirá en Oímbra tres vivendas protexidas en madeira no marco dun proxecto piloto

A previsión do Goberno autonómico é poder licitar o proxecto neste primeiro trimestre e baralla estender a experiencia a outros municipios en función dos resultados

09/02/22 | 13:04 | A Presidencia da Xunta

Feijóo incide no compromiso da Xunta en materia de vivenda, reflectido no primeiro Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, do que se beneficiarán 70.000 familias

Precisa que neste 2022 a Xunta conta cun orzamento de 124 millóns de euros para promover a construción de 2.283 vivendas