Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

29/10/22 | 10:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta a importancia de dar máis visibilidade, informar e formar sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade

González Abeijón avoga por continuar apoiando ás persoas afectadas e aos seus familiares para facilitar a súa plena integración en todos os ámbitos da sociedade

28/10/22 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia melloras nas instalacións da escola infantil pública de Covelo por un valor de 23.000 €

Colocouse chan novo nas aulas, realizáronse tarefas de pintado e renováronse as portas de aluminio interiores, entre outras actuacións
 

28/10/22 | 09:21

A Xunta activa as bolsas de axudas para a conciliación, transporte e manutención e aloxamento de persoas desempregadas que participen en cursos de formación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria desta liña que conta cun presuposto de 8,5M€ en 2022 e 2023, un 6,5% máis que na anterior

27/10/22 | 19:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o crecente interese das persoas maiores pola formación universitaria sénior

O Goberno galego mantén un convenio de colaboración coa UNED para a posta en mar-cha de actividades de formación para persoas maiores

27/10/22 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta porá en marcha unha axuda de 12.000 euros ao ano para as persoas con ELA

O presidente da Xunta destaca que Galicia será “a primeira comunidade” en contar cunha liña de axudas “directa e inmediata” para os pacientes con Esclerose Lateral Amiotrófica

27/10/22 | 13:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha novas casas niño no Incio e Láncara para facilitar a conciliación das familias

En Galicia hai actualmente 95 centros deste tipo no rural, que poñen á disposición das familias dos concellos de menor tamaño 475 prazas gratuítas de atención á infancia

27/10/22 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o papel das novas tecnoloxías para avanzar nos coidados dos galegos de máis idade

Antón Acevedo participou na mesa redonda ‘Innovación tecnológica y modelos de cuidados desde la perspectiva pública y privada’