Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

12/06/21 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A unidade teatral da Xunta recibe mañá no Salón Teatro a Chévere e ao Centro Dramático Nacional para realizar o primeiro percorrido de 'Dramawalker Vite'

O Centro Dramático Galego, o Centro #Dramático Nacional e a compañía compostelá coproducen este proxecto de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio santiagués

12/06/21 | 10:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a incorporación de novos centros ao ensino plurilingüe na FP o próximo curso 2021-22

Teñen ata o 25 de xuño para solicitar a impartición de ciclos nesta modalidade

11/06/21 | 19:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso da Xunta coa divulgación do legado de Camilo José Cela e avanza numerosas actividades e exposicións en 2021, coincidindo cos 20 anos do seu pasamento

Eloxia o papel da Fundación Camilo José Cela ao longo destas tres décadas como dinamizadora da cultura galega e española a través do protagonista, así como a súa aposta pola innovación e a reinvención, como pon de manifesto a pinacoteca e as pontes tendidas a outros autores

11/06/21 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
11/06/21 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O edificio da Xunta en Pontevedra acolle a mostra 'Fazendo camiño' sobre o espazo Xacobeo entre o Norte de Portugal e Galicia

O delegado territorial, Luis López, asiste á apertura da exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 11 de xullo e posteriormente instalarase na Área Panorámica de Tui

11/06/21 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura e Afundación levan á Coruña 'As miradas de Isaac' para difundir a figura de Díaz Pardo

A exposición homenaxe ao impulsor de Sargadelos, do Laboratorio de Formas ou do Museo Carlos Maside inaugúrase na sede de Afundación da Coruña o 29 de xuño, tras ser visitada por máis de 26.000 persoas na Cidade da Cultura en Santiago

11/06/21 | 11:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Fegamp acordan abrir á cidadanía os espazos deportivos dos centros escolares, para cuxo deseño se publica un concurso de ideas que tamén abrangue os patios cubertos

Román Rodríguez salienta o “efecto dinamizador” dos colexios e institutos nas zonas onde se sitúan e avoga por aproveitar ao máximo os seus usos en beneficio do conxunto da sociedade

10/06/21 | 19:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Os protocolos para os espectáculos ao aire libre actualízanse en base ao diálogo co sector e a boa evolución epidemiolóxica

Amplíase o aforo máximo dos espectáculos de pé ata un máximo de 5.000 asistentes, e estará permitido habilitar zonas específicas para consumir alimentos e bebidas nos recintos

10/06/21 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colleita reflexións de expertos galegos, nacionais e internacionais para a elaboración do Plan Estratéxico 2021-2027 da Cidade da Cultura

Profesionais da programación cultural e responsables de proxectos e centros internacionais participaron nos paneis de discusión que nutrirán a elaboración da folla de ruta do Gaiás para os vindeiros sete anos

10/06/21 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a IV edición do premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

O galardón, cunha dotación económica de 3.000€, busca promover a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega