Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

29/07/21 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia en Maceda as obras de mellora de máis de 10 quilómetros da estrada autonómica LU-546 entre O Corgo e Lugo

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, comprobou hoxe o comezo dos traballos de fresado da calzada

29/07/21 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 205.000 € a redacción do proxecto de humanización da estrada AC-305 na travesía de Palmeira, en Ribeira

O contrato, cun prazo de 21 meses, ten como obxectivo definir as actuacións para recuperar o espazo público da estrada autonómica para os veciños de Palmeira

29/07/21 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/07/21 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 88.000€ no acondicionamento da rede de pluviais do polígono industrial de Tordoia

Esta actuación inclúese dentro da orde de axudas para a mellora dos parques empresariais que ten por obxectivo potenciar a competitividade das empresas

28/07/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 783.000€ na rehabilitación integral do IES de Catabois en Ferrol, que quedará adaptado ás características do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Trenor explicou que as obras licitadas hoxe suporán un salto de calidade no confort para alumnado, con espazos máis accesibles, mellor ventilados e máis eficientes desde o punto de vista enerxético

28/07/21 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o investimento da Xunta de 5 M€ para completar un itinerario continuo de 10 km para vertebrar os concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía, A Illa e Cambados

Vázquez Mourelle adianta que o vindeiro ano se construirán 2 novas sendas, unha na estrada PO-549, en Corón, e outra na PO-302 e PO-306, en Caleiro, cun orzamento de arredor de 2M€

28/07/21 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 2 M€ as obras de mellora do firme en 2 estradas autonómicas do sur da provincia de Lugo

A actuación, que comezará na segunda quincena de agosto, desenvolverase en 22 km da vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte e o Alto do Faro, e da LU-533, entre Chantada e Escairón

27/07/21 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa aos alcaldes de Vimianzo e de Zas da programación e do avance dos traballos na ponte de Baio

A intervención fixo necesario o peche ao tráfico da ponte desde finais de xuño para garantir que os traballos de demolición se fagan con total seguridade, manténdose o paso peonil

Francisco Menéndez explicou que, unha vez iniciadas as obras, se comprobou que a antiga beirarrúa, que estaba nun voadizo sostido por un contrapeso sobre a propia ponte, era de maiores dimensións que as previstas, o que obrigou a facer demolicións de maior alcance

27/07/21 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 502.000 euros as obras de mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais no núcleo da Derrasa en Pereiro de Aguiar

Gabriel Alén explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis 402.000 euros, no marco dun convenio de colaboración co concello que aportará 100.000 euros

27/07/21 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1 millón de euros á renovación de 200 novas marquesiñas de autobús na comunidade

Os servizos inclúen a fabricación e subministro dos novos refuxios a partir dun deseño integrado nas contornas rurais para proceder, posteriormente, á súa distribución