Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/08/21 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que neste mes quedarán rematadas as obras de eliminación do treito de concentración de accidentes na estrada po-551 en Bueu, logo dun investimento da Xunta de 1,1 M€

Vázquez Mourelle sinala que os traballos xa roldan o 90% de execución e só resta a sinalización e a instalación de semáforos e equipamento intelixente nos pasos peonís

03/08/21 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia obras de mellora nos 5 quilómetros da estrada LU-741, entre o núcleo urbano da Pontenova e Aldeguer

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 334.500 na actuación

03/08/21 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a catro concellos de Ferrolterra e da súa contorna para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de máis de 197.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña visitou a depuradora do Barqueiro, en Mañón, onde informou que este municipio recibirá máis de 84.000 euros para levar a cabo melloras nesta planta de tratamento de augas residuais e na potabilizadora xeral de Mañón

03/08/21 | 13:09

A Xunta licita por case 150.000 € as obras de mellora e humanización na capitalidade do Pereiro de Aguiar

A actuación prevé o soterramento das conexións ás vivendas, actuacións sobre a rede de sumidoiros e a instalación de novo pavimento, iluminación e mobiliario urbano

03/08/21 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras da ponte de Baio avanzan coa previsión de abrir un carril de circulación este venres pola tarde

A intervención, unha vez colocadas as tubaxes en sentido Baio e Vimianzo, céntrase estes días no taboleiro da ponte para pavimentala

03/08/21 | 12:06

A Xunta adianta ao Concello da Coruña 3 millóns de euros para axilizar as obras do parque Ofimático

Trenor anuncia que o Goberno galego cumpriu cun dos compromisos adquiridos no coñecido como barrio de Xuxán, o que permitirá acelerar as actuacións

03/08/21 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora de seguridade na estrada AC-445 en Corcubión, no treito coincidente coa traza do Camiño de Santiago a Fisterra

Esta intervención, cun investimento de preto de 17.000 €, consistiu na construción dunha senda de 50 metros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada

02/08/21 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de firme da estrada LU-170 entre Xermade e Cabreiros, nas que inviste 450.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que está previsto que rematen no prazo máximo de tres meses

02/08/21 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora do firme na estrada LU-721 ao seu paso polo Concello da Fonsagrada

Os traballos, que acaban de comezar, supoñen un investimento autonómico de máis de 68.000 euros e contan cun prazo de execución de 2 semanas

02/08/21 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 106,5 M€ os 7 contratos para garantir a conservación e a vialidade invernal nas estradas autonómicas nos vindeiros 4 anos

Estes contratos distribuídos por áreas teñen como obxectivo a vixilancia e o control das estradas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible