Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

12/03/20 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

11/03/20 | 17:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon o acento no apoio e comprensión que a Fundación Andrea presta ás familias que teñen nenos hospitalizados con doenzas graves

Destacou que estas vivendas permiten ás familias descansar nunha contorna acolledora o máis parecida a un fogar durante o tempo dure a estancia hospitalaria das súas fillas ou fillos

11/03/20 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención a persoas con discapacidade intelectual coa colaboración con Aspanaex

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio coa asociación sobre a colaboración do Goberno galego na rehabilitación do edificio que acollerá a futura residencia da entidade

10/03/20 | 18:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo con menores tutelados que realiza a Fundación Juan Soñador

Mozas e mozos entre os 12 e os 18 anos participan en obradoiros de educación emocional, de promoción de valores e de hábitos saudables

10/03/20 | 16:18 | C. de Política Social e Igualdade

O xerente do Consocio visita a escola infantil e o centro de día de Curtis

A escola infantil ten catro unidades e un máximo de 61 prazas

10/03/20 | 16:11 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon o acento no traballo da asociación Prodeme en favor da integración das persoas con discapacidade intelectual

Defendeu a necesidade de avanzar na coordinación entre Xunta e entidades para que todas as persoas teñan a posibilidade de desenvolver os seus proxectos de vida

10/03/20 | 16:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a responsabilidade social de Fornos Lamastelle, onde traballan máis de 90 persoas con discapacidade

O 95% do seu cadro de persoal está composto por persoas con discapacidade física, intelectual ou sensorial