Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/08/21 | 12:27

A Xunta permitirá a ampliación do parque empresarial da Laracha en máis de 330.000 m2

Ángeles Vázquez lembra que esta nova superficie está incluída na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais, que na actualidade está en fase de avaliación ambiental estratéxica

05/08/21 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Educación anuncia a licitación da rehabilitación integral do instituto Eduardo Blanco Amor cun investimento de máis de 1,2M€

A actuación forma parte do paquete de nove obras en centros educativos da provincia de Ourense, por importe de case 8M€, que a Xunta vai licitar antes de fin de ano

05/08/21 | 10:00 | C. de Sanidade

Un total de nove empresas presentan ofertas para executar as obras da reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño

A Xunta de Galicia ten previsto investir 4,6 millóns de euros nesta infraestrutura sanitaria de atención primaria

04/08/21 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/08/21 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de renovación integral do firme na estrada autonómica PO-552, que supoñen un investimento de 1,8 M€

A intervención prevé a mellora integral de máis de 30 quilómetros da estrada PO-552 e dun treito da PO-325, nos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Vigo, Nigrán e Baiona

04/08/21 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega ao concello de Cospeito as infraestruturas que completan a rede xeral de abastecemento no municipio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinala que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu 592.000 euros na extensión do servizo a nove núcleos de poboación

04/08/21 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de restauración do Camiño Real no acceso á fortaleza de Monterrei

O delegado territorial informou de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir nas obras 640.882 euros, e que terán un prazo máximo de execución de 9 meses

04/08/21 | 13:21

A Xunta e o Concello da Estrada colaboran na mellora da accesibilidade das rúas Calvo Sotelo e Justo Martínez

Entre ambas entidades achegarán un orzamento de case 310.000 euros para a materialización deste proxecto que se enmarca no plan Hurbe

04/08/21 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a licitación da rehabilitación integral do Colexio Eusebio da Guarda cun investimento de máis de 1M€

A actuación forma parte do paquete de 24 obras de mellora en centros educativos da provincia da Coruña que se contratarán nos próximos meses por importe de case 12,7M€