Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

26/06/21 | 13:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘O país das bandas’ percorrerá Galicia cun cento de concertos de 77 agrupacións dentro do Xacobeo 21-22

A Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares promoven esta extensa programación, que se desenvolverá entre os meses de xullo e setembro coa participación de máis de 3600 músicos

26/06/21 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta festexa hoxe o Día da música con cinco concertos nos espazos exteriores da Cidade da Cultura

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre porán o peche a este micro festival, que esgotou todos os convites o mesmo día en que se activaron, e no que actúan o oscarizado compositor galego Nico Casal, o grupo vasco Kalakan, o portugués André Henriques e a cantaora andaluza Rosario la Tremendita

25/06/21 | 20:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a Ribadavia un percorrido polas denominacións de orixe e indicacións xeográficas do viño de Galicia a través da mirada de Xurxo Lobato

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe esta mostra que forma parte da programación cultural do Museo do Viño de Galicia

25/06/21 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
25/06/21 | 12:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo programa 'Propulsa' da Xunta levará a danza de 30 compañías a 27 espazos singulares de toda Galicia

Román Rodríguez presenta esta nova iniciativa de difusión das artes do movemento conxuntamente coa paisaxe e o patrimonio

25/06/21 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García subliña a importancia do Camiño de Santiago no fomento da lingua galega, con motivo da presentación dunha guía sobre o itinerario portugués

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ‘Un galego no Camiño Portugués’, un traballo de Xosé Benito Reza editado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

25/06/21 | 10:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Cela remata hoxe o ciclo 'Mazurca para dous poetas' que visibiliza aos novos talentos

A iniciativa, na que se unen literatura e música ao aire libre, contará esta tarde coa participación de Berta García Faet, Juan Andrés García Román e o grupo Chicharrón

25/06/21 | 10:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para solicitar praza nos 13 novos másteres de FP e en 99 proxectos de Dual

Tamén se inicia o período de solicitude para os ciclos formativos do réxime ordinario, modular para as persoas adultas e programas formativos básicos

24/06/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Cámara de Comercio de Santiago forman a medio centenar de mozos emprendedores do eido cultural e creativo

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a importancia de “apoiar e mellorar a competitividade do sector cultural e dos seus profesionais, especialmente no caso dos mozos e mozas que procuran novas oportunidades de capacitación”