Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

31/03/20 | 16:16 | C. de Política Social e Igualdade
30/03/20 | 19:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta intervén os centros de maiores DomusVi Barreiro e DomusVi Cangas para convertelos en residencias integradas

Tómase esta decisión para garantir a calidade asistencial tralo elevado número de positivos por coronavirus

26/03/20 | 11:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta garante os controis sanitarios e a seguridade nas dúas novas residencias de maiores integradas de Galicia para a atención de usuarios positivos

O centro de Baños de Molgas, con 93 prazas, e o de Santiago, con 84, serán desinfectados frecuentemente e o seu persoal manterá un contacto mínimo co exterior

25/03/20 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade

O teléfono social da Xunta recibe nos primeiros días preto de 200 consultas e 176 persoas rexístranse como voluntarias para ofrecer apoio e acompañamento

Resolve dúbidas sobre o COVID-19, atende a aquelas persoas que precisen apoio psicolóxico especializado e serve para informar de posibles casos de emerxencia social

24/03/20 | 20:26 | A Presidencia da Xunta

Galicia habilita dúas residencias integradas para a atención das persoas maiores usuarias deste servizo que dean positivo por coronavirus e precisen máis asistencia sanitaria

Feijóo avanza que para as provincias de Pontevedra e Ourense se habilita un centro novo, con 93 prazas, no concello de Baños de Molgas, e para as provincias da Coruña e Lugo habilítase a residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago, con 84 prazas

24/03/20 | 13:04 | C. de Política Social e Igualdade

As escolas infantís privadas poden solicitar desde mañá axudas para implantar a gratuidade para segundos fillos e sucesivos

Aínda que os prazos administrativos están suspendidos pola situación actual, a orde publícase para dar seguridade e tranquilidade a todas as escolas infantís

24/03/20 | 11:08 | C. do Medio Rural
20/03/20 | 17:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reclama ao Goberno central que envíe de xeito urxente material de protección para os profesionais das residencias e de atención a domicilio

Os equipos de protección individual, cuxo subministro está centralizado no Goberno central, serán repartidos polo Exército

17/03/20 | 20:07 | C. de Política Social e Igualdade

O teléfono de atención e información á cidadanía 012 rexistrou máis de 2.500 chamadas en dous días

Na mañá de hoxe ingresaron máis dun milleiro de chamadas que se suman ás 1.560 recibidas na xornada de onte

17/03/20 | 19:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta informa ao Goberno central de que está a elaborar un Plan social de continxencia e pide que se garanta o financiamento

Traslada a carencia de equipos de protección individual (EPIs) que se está a rexistrar nos centros residenciais e no Servizo de Axuda no Fogar e cuxo subministro centralizado asumiu o Goberno central