Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

12/08/21 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/08/21 | 10:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de reforzo do firme no anel da glorieta da estrada autonómica OU-540 e nos catro ramais de acceso aos centros comerciais de Barbadás

Esta actuación completa as obras de acondicionamento e de mellora da mobilidade realizadas recentemente na glorieta situada no punto quilométrico 1+800

10/08/21 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala a reforma da avenida de Ourense de Marín como exemplo de bo uso dos fondos europeos e reclama un reparto xusto dos ‘Next Generation’ para seguir avanzando

Lamenta que o reparto de fondos de reconstrución establecido polo Goberno de España impida actuacións de mobilidade en concellos de menos de 50.000 habitantes, pese a que a Unión Europea reclama investimentos no rural

Lembra que a Xunta e máis de 100 concellos impulsan unha declaración institucional para acadar un maior equilibrio no reparto dos fondos de reconstrución

10/08/21 | 13:14

Galicia investiu desde 2016 máis de 10 millóns de euros en 330 proxectos para equipar e modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar

A Xunta vai publicar esta semana unha nova convocatoria de axudas para actuacións de mellora das instalacións e equipamentos portuarios destinadas a organizacións de produtores de pesca, cooperativas, asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé ou de redeiras e confrarías de pescadores

10/08/21 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza a bo ritmo nas obras de reforzo do firme da autovía AG-64, que prevé rematar este mes

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se destinan máis de 1 millón de euros á mellora de 13,4 quilómetros da estrada, entre o enlace de Cabreiros e a intersección coa A-8

09/08/21 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/08/21 | 13:34

A Xunta aproba o Plan especial de Infraestruturas dos Blancos que permite a construción dun centro de persoas maiores

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou favorablemente, un mes antes de rematar o prazo, este proxecto de ordenación co que se define unha parcela de case 3.000 m2

09/08/21 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que suporán un investimento de case 52,6 M€

As obras, que comezarán a finais deste ano, constan de tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos

09/08/21 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 2 millóns de euros a financiar medio cento de obras de abastecemento e saneamento en Lugo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de ampliar o crédito deste programa de axudas, duplicando o orzamento na provincia e pasando de 20 a 37 concellos beneficiarios

09/08/21 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en 250.000 € o crédito para a concesión de axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos

O prazo de presentación de solicitudes continúa aberto nos mesmos termos establecidos na orde de convocatoria destes incentivos