Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

05/07/21 | 12:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta expón a arte en miniatura de José Manuel Hermo Barreiro 'Patelo' no Museo do Mar de Galicia

A mostra pode visitarse ata o vindeiro 18 de xullo no horario de apertura do centro

03/07/21 | 15:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga estrean en Almagro 'A contenda do Río Miño'

Preséntase no marco da designación de Portugal como país convidado da 44º edición do Festival Internacional de Teatro Clásico da vila manchega

03/07/21 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta chama a fixarse no legado de Lorca para afondar na pegada universal da nosa lingua

A Insua dos Poetas acolle unha nova edición desta cita que este ano rende homenaxe a Federico García Lorca coincidindo co 85 aniversario do seu pasamento

02/07/21 | 20:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Etnolóxico de Ribadavia súmase á programación do Ano Santo cunha nova exposición sobre a pegada xacobea en Francia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a mostra Les Gens du Chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer que poderá verse ata finais de agosto

02/07/21 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informe ao alcalde de Culleredo do procedemento administrativo para declarar La Cros como Ben de Interese Cultural

O delegado da Xunta explicou que este proceso é complexo porque implica acadar a maior distinción desde o punto de vista patrimonial que se lle pode outorgar a un ben

02/07/21 | 16:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O catálogo da mostra 'Jorge Cabezas is Back!' reúne a figuras como García Alix, Antón Patiño, Reixa, Xoel López ou Yolanda Castaño

O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación deste volume que recolle o proxecto expositivo que acolleu a Fundación Luis Seoane no ano 2019 sobre o traballo do pintor coruñés

02/07/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rinlo acolle a primeira das 27 actuacións do novo ciclo da Xunta "Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio"

O director de Industrias Culturais asistirá esta tarde ás representacións das pezas coas que Entremáns, Colectivo Glovo e iXa Universos de Movemento - Xián Martínez abren esta carteleira, que se despregará ata finais de agosto en espazos singulares de toda Galicia como parte da programación do Xacobeo 21-22

02/07/21 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel das romarías tradicionais para reforzar a cultura popular galega

O conselleiro de Cultura inaugura a mostra ‘Fe. Tino Martínez 1971-2016’ que reúne no Museo das Peregrinacións un cento de fotografías históricas do artista compostelán

01/07/21 | 21:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre en Vigo o ciclo ‘O país das bandas’ cun concerto especial a cargo da Unión Musical de Valladares

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación Galega de Bandas de Música Populares promoven esta extensa programación entre os meses de xullo e setembro coa participación de máis de 3600 músicos pertencentes a 77 formacións

01/07/21 | 17:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a posta en marcha de 22 novas películas e series ás que destina 2,5M€

Publícase na web da Agadic a resolución da última convocatoria de subvencións para producións e coproducións audiovisuais, a de maior dotación das seis liñas de axudas específicas para o sector