Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

05/05/20 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega hoxe alimentos do agro galego ao comedor San Francisco de Pontevedra a través da rede de Mercaproximidade

Este reparto de produtos agroalimentarios estase a levar a cabo noutros comedores e entidades sociais, así como en diferentes hospitais de Galicia

04/05/20 | 18:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa inicialmente en 300.000 euros as axudas sociais de emerxencia para atender as necesidades básicas das familias

Con este aumento os fogares que peor o están a pasar poden pagar facturas, comprar medicamentos ou produtos de primeira necesidade

30/04/20 | 11:58 | C. do Medio Rural

A Xunta fará entrega hoxe de 2.000 tarros de mel ao Banco de Alimentos de Lugo que se suman ás doazóns desta semana aos hospitais da provincia

No marco da rede Mercaproximidade, tamén se cederon estes días queixos, patacas ou carne á sede de Cáritas en Lugo para atender as familias máis vulnerables durante a emerxencia sanitaria

29/04/20 | 16:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte un total de 1.319 ordenadores entre as familias con menos recursos da comarca do Salnés

Ademais dos portátiles con conectividade que enviou a Amtega a cada centro, tamén se distribuíron tabletas e portátiles que estaban dispoñibles nos centros educativos

27/04/20 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recoñece o esforzo e comprensión das nenas e nenos e dos profesionais dos centros de menores durante a emerxencia sanitaria

O Goberno galego mantivo un contacto constante cos responsables destes centros, achegou material tecnolóxico para os menores, reforzou o persoal e realizou probas diagnósticas nos casos que foi necesario

25/04/20 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta adianta preto dunha semana a data de pagamento da Risga para aliviar a economía doméstica de 10.000 familias galegas

O Goberno galego destina neste mes de abril 4,5 millóns de euros ao pagamento desta prestación

23/04/20 | 11:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva un menú para cada día da semana a máis de 1670 fogares durante a emerxencia sanitaria

O reforzo extraordinario do Xantar na casa para máis de 250 fogares súmase aos 1420 que son beneficiarios habituais deste servizo

21/04/20 | 15:24 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García agradece ás persoas traballadoras e usuarias das residencias da Xunta de Galicia os seus esforzos na contención da pandemia

Salientou que Galicia resistiu en mellores condicións que a media de España e que a maioría de comunidades

21/04/20 | 13:00 | C. do Medio Rural

A Xunta merca produtos agroalimentarios para entidades e comedores sociais co fin de axudar tamén aos pequenos agricultores e gandeiros cos seus excedentes

A compra realízase a través da nova canle, Mercaproximidade, para paliar a perda de ingresos destes produtores ao estar pechadas as súas canles habituais de comercialización