Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

01/06/21 | 19:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece á Autoridade Portuaria de Ferrol que se sume á proposta de crear unha Zona Franca e solicita o apoio do Goberno

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo Jordán, para seguir avanzando no Pacto de Estado por Ferrol

01/06/21 | 17:53

Portos de Galicia ratifica o seu compromiso inversor cos peiraos do municipio de Poio

Susana Lenguas informou de que xa está contratada a asistencia técnica para a mellora en superficie de Raxó e insistiu en solicitar a colaboración do Concello para a sinatura dun convenio regulador do tráfico nas dársenas

19/05/21 | 17:20

A Xunta ratifica o seu compromiso coa creación dun porto mixto en Corcubión

Susana Lenguas informou tamén dos proxectos que o ente público ten en fase final de redacción para os peiraos de Viveiro e que supoñen un investimento de 1,2 millóns de euros

13/05/21 | 12:09

Once portos deportivos galegos reciben o distintivo de calidade Bandeira Azul

As dársenas de Ribadeo, Real Club Náutico de Portosín, Real Club Náutico da Coruña, Sadamar, Club Náutico de Sada, Club Náutico Boiro, Cangas, Real Club Náutico de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo, Monte Real Club de Iates de Baiona e Club Náutico de Portonovo recibiron o recoñecemento este ano

06/05/21 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pide ao Concello da Coruña aclarar se quere que a Xunta retire a súa oferta de investir 20 M€ na fachada marítima e como vai garantir a titularidade pública dos peiraos

Vázquez Mourelle lamenta a oposición do Concello á proposta e ao investimento autonómico e insta a aclarar se prevé que esa achega sexa do Concello e de Portos do Estado

05/05/21 | 11:33

Galicia avanza na toma das mellores decisións na xestión das pesqueiras do litoral grazas á información aportada polo atlas da baixura

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro lembra que esta ferramenta fai unha radiografía da frota de artes menores da comunidade coas 20 modalidades de pesca e as 22 especies máis importantes así como a súa evolución

27/04/21 | 14:52

Portos de Galicia traslada ás confrarías da ría de Pontevedra a decisión do Goberno central de buscar alternativas ao punto de depósito de áridos do exterior da ría de Arousa

Esta instrución, que é de aplicación xeral, leva a unha nova tramitación para o depósito do material da dragaxe do Lérez

17/04/21 | 12:53

Galicia pon a disposición do sector marisqueiro unha guía que facilita o seu labor na redacción e deseño dos plans de xestión

A Consellería do Mar presentoulle ás entidades do sector unha ferramenta á que poderán acceder nos vindeiros días e que pretende axudalas na confección dos plans de xestión con vixencia de tres anos