Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática i+D+i:

19/10/22 | 12:21

A Xunta subliña o papel de referencia de Meteogalicia no eido da información e dos servizos meteorolóxicos

Sagrario Pérez destaca que o Goberno galego leva décadas apostando e investindo nesta materia, un compromiso que se plasmou na aprobación en 2019 da Estratexia galega de cambio climático e enerxía e no impulso este ano da Alianza galega polo clima

18/10/22 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o informe de impacto ambiental do proxecto de mellora dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Remata a tramitación ambiental do deseño dos accesos do Novo CHUAC, garantindo ao máximo a integración e a funcionalidade, co menor impacto visual e integrados na trama urbana da cidade

17/10/22 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia destaca en Sevilla a aposta que se está realizando por impulsar unha minaría sostible

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na XVIII Reunión Anual do Consello Superior de Colexios de Enxeñeiros de Minas de España con directores xerais de Industria, Enerxía e Minas

16/10/22 | 13:00

A Xunta acredita 62 profesionais de distintos sectores como guías especializados no Parque nacional das Illas Atlánticas

Durante xullo e agosto fixeron de forma telemática a parte teórica do curso e neste mes de outubro realizaron prácticas no centro de visitantes e nas propias illas
 

15/10/22 | 10:20

MeteoGalicia chega aos 125.000 seguidores en Twitter e consolídase como a segunda conta máis popular da Xunta nesta rede social

Nos últimos 5 anos un total de 25.000 persoas uníronse á comunidade virtual do organismo autonómico, que foi unha das primeiras axencias meteorolóxicas en apostar polas redes como canle de comunicación áxil e directa coa cidadanía

14/10/22 | 12:07

A Xunta conclúe en Lugo a rolda de contactos cos concellos costeiros para recoller as súas achegas á futura Lei de ordenación do litoral de Galicia

Ángeles Vázquez lembra que este luns, 17 de outubro, remata o período de consulta pública previa da que prevé ser a primeira norma autonómica nesta materia

13/10/22 | 18:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende unha participación rexional nos desafíos climáticos da Unión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se debateu sobre a próxima Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático

12/10/22 | 15:35

A Xunta convida aos centros educativos a participar nas actividades didácticas deseñadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Estas iniciativas, que comezarán a finais de outubro e se prolongarán ata finais de abril de 2023, poden desenvolverse tanto nos colexios como no Centro de Visitantes