Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

15/09/21 | 14:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o inicio do curso cunha FP consolidada, sinónimo de competitividade e empregabilidade e coa vista posta nunha nova estratexia para afrontar os retos futuros

Avanza que os obxectivos desta nova folla de ruta serán, entre outros, potenciar a rede de centros referentes; seguir conformando unha oferta flexible e adaptada ás demandas do tecido produtivo; e reforzar a colaboración co tecido empresarial

14/09/21 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita ao Parlamento a celebración do Debate de Política Xeral nunha sesión plenaria do vindeiro mes de outubro

A petición xa foi rexistrada na Cámara galega e o propio vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda comunicoullo persoalmente ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices

10/09/21 | 14:32 | A Presidencia da Xunta

Feijóo gaba a maneira xenerosa dos galegos de entender Galicia que permitiu construír o autogoberno e forxar un galeguismo inclusivo

“A autonomía é consecuencia dunha afortunada coalición: a democracia española, unha Galicia madura e responsable e uns políticos aos que lles interesaba un diálogo constante”, recorda

30/07/21 | 19:35 | A Presidencia da Xunta

Feijóo propón un decálogo de acordos para afrontar desde a unidade o reto sanitario, o reto económico e o reto demográfico

Cualifica de insuficiente o reforzo de vacinas en agosto, xa que non se acadan os niveis de subministro de xuño e propón avaliar o uso da vacina Janssen para menores de 40 anos cun consentimento informado

29/07/21 | 16:36 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia os trámites da ampliación do CHUS, que incrementará en máis de 30.000 m2 a súa capacidade

Feijóo precisa que se executarán dous edificios, un deles incluirá áreas de diagnóstico, tratamento, servizos centrais e unidades de hospitalización; e o outro albergará o hospital de día e as consultas externas