Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinará este ano máis de 1,5 M€ en axudas para que os mozos galegos poidan mercar a súa vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes
A nova convocatoria prevé subvencións por un importe máximo de ata 10.800 euros co fin de favorecer o asentamento de persoas menores de 35 anos en municipios destas características, que no caso de Galicia son 257
A Xunta estrea a oficina de rehabilitación de vivenda para garantir que as axudas con fondos europeos cheguen ao maior número de beneficiarios
O novo punto de información, que leva uns días en funcionamento, estará aberto de luns a venres polas mañás e atenderá tamén consultas telefónicas no 881 045 897
A Xunta celebra o primeiro encontro ‘Construíndo fogar’ da provincia de Lugo para dar a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda
Tratase da terceira sesión das xornadas que organiza a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que se celebrará o luns, 14 de marzo, ás 10,30 horas, na Delegación Territorial da Xunta, e contará coa participación de persoal do IGVS
Galicia, Andalucía, Castela e León, Madrid e Murcia solicitan ao Goberno central que modifique o Bono mozo para "dar seguridade" aos solicitantes e ás comunidades
Consideran “improvisada e enrevesada” esta medida e lamentan que o Ministerio non contase coa súa opinión antes de aprobala
Fernández-Tapias celebra que o concello de Vigo aprobe a urbanización da primeira fase de San Paio de Navia case un ano despois de recibir o proxecto
A delegada territorial da Xunta na cidade subliña que con esta decisión se desbloquea un proxecto clave desde o punto de vista residencial e lembra que o Executivo municipal aínda ten que pronunciarse sobre os polígonos 2 e 3
A Xunta invita ás comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda
A segunda sesión dos encontros informativos ‘Construíndo Fogar’ celebrarase o luns, 7 de marzo, ás 10,30 h, na Delegación Territorial de Ferrol, e contará coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
A Xunta compra por máis de 392.000 € o primeiro edificio na Área Rexurbe da Coruña para rehabilitalo e ofrecer vivendas protexidas
O Instituto Galego da Vivenda e Solo adquire unha edificación de 4 plantas, catalogada dentro do ámbito de respecto do BIC e construída probablemente antes do ano 1900
A Xunta dá conta da adxudicación de 44.000 m2 de solo na Plisan a dúas empresas galegas
A conserveira Frinsa adquirirá dúas parcelas de forma directa por 2,63 M€ e a empresa de augas Gainser contará cunha parcela en réxime de dereito de superficie e por un prezo de remate de case 190.000 €
Feijóo garante o compromiso do Goberno galego coa vivenda pública co impulso de 512 novos inmobles e un investimento de 72,5 millóns
Afirma que a Xunta seguirá avogando tamén pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos das vilas, a través do programa Rexurbe, que permitirá a próxima entrega de máis dun cento de vivendas de promoción pública en 9 concellos
Galicia reclama axilidade ao Goberno central para dispoñer dos fondos do Bono de alugueiro mozo e permitir así a súa convocatoria
Ángeles Vázquez solicita tamén ao Executivo estatal “información clara e definitiva” sobre as condicións e características de cada unha das liñas de actuación ás que se lles consignan recursos públicos europeos