Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Auga:

14/07/22 | 17:43

Rosa Quintana enxalza o rol dos grupos de acción local do sector pesqueiro na creación de vínculos a prol do desenvolvemento do litoral

A conselleira do Mar participou na xornada final do proxecto de cooperación Bitácoras do mar, coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte e no que tamén participan os GALP Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Golfo Ártabro Sur

12/07/22 | 18:18

Galicia defende ante Bruxelas normas baseadas en estudos sólidos que eviten casos como o veto a artes selectivas e sustentables como o palangre de fondo

A titular de Mar salienta a responsabilidade e o compromiso do sector pesqueiro galego co cumprimento das normas e cunha pesca sostible que garanta o seu futuro

10/07/22 | 12:12

Galicia amosará este martes á directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea a importancia do seu sector do mar

Charlina Vitcheva manterá un encontro cos representantes dos distintos elos da cadea mar-industria no seo dun pleno do Consello Galego de Pesca convocado de xeito extraordinario

08/07/22 | 20:02

Rosa Quintana destaca o intenso labor do concello de Muros na protección e difusión da cultura mariñeira

A titular de Mar indicou que estas xornadas supoñen unha nova ocasión para afondar no inxente acervo cultural marítimo valéndose da historia e da evolución da frota local

08/07/22 | 14:44

A Xunta ratifica o seu apoio ao festival Vigo Seafest que consolida a Galicia como capital europea da pesca

A titular de Mar salienta a importancia deste tipo de eventos para achegar o mundo do mar de xeito ameno e atractivo ao conxunto da sociedade

07/07/22 | 13:55

Galicia reivindica unha política pesqueira común cun equilibrio real entre os aspectos medioambientais e os socioeconómicos

A comunidade aposta pola revisión da PPC e a introdución de cambios para adaptala á realidade das distintas ramas de actividade vencelladas co mar, tal como recolle o manifesto en defensa do sector asinado esta semana

06/07/22 | 11:43

Gardacostas requisa case 2.500 cacharros e preto de 1.000 quilos de polbo en distintos operativos no litoral da provincia de Pontevedra

Estas actuacións engádense á realizada o pasado 25 de xuño, na que se incautaron outras 1.950 unidades con 166 quilos de cefalópodo, froito do reforzo dos controis xusto antes do inicio da campaña extractiva desta especie

05/07/22 | 15:03

A Xunta advirte de que sería un moi mal precedente que Bruxelas avanzase de xeito unilateral no veto á pesca de fondo

A titular de Mar mostra a súa preocupación polos pasos que está a dar a Comisión Europea neste eido recorrendo a datos que semellan parciais e desactualizados