Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

09/12/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio co Concello de Toén para a renovación do alumeado público exterior

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, achegouse hoxe ao municipio ourensán no que se renovou a instalación eléctrica cunha aportación de 47.000 euros da Administración galega

03/12/21 | 20:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A directora xeral de Administración Local recibe a distinción “Milagrosista do ano 2021”

Natalia Prieto agradeceu o recoñecemento e destacou o compromiso da Xunta co movemento veciñal polo seu importante papel para dinamizar a vida local e contribuír ao benestar da cidadanía

29/11/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia unha nova liña de colaboración cos concellos para a adquisición de vehículos de recollida de lixo e contra incendios no próximo ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que a nova liña de colaboración estará dotada con 1,8M€ e permitirá renovar os parques móbiles dos concellos con vehículos máis eficientes e sostibles

26/11/21 | 16:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama que a Conferencia de Presidentes aborde asuntos cruciais para Galicia como o reto demográfico, o financiamento ou os fondos covid

No comité preparatorio, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, solicitou tamén que no encontro de xaneiro nas Illas Canarias se discuta sobre o incremento de facultativos na Atención Primaria ou sobre a necesidade de acadar prezos xustos para o sector primario

24/11/21 | 19:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio coa Fundación Juana de Vega para analizar e impulsar as fusións municipais

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recordou que o mapa político-administrativo local en Galicia data do século XIX e precisa actualizarse “para ofrecer uns servizos públicos máis eficientes”

24/11/21 | 15:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Cartelle na recuperación da área recreativa da feira

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto,visitou a área recreativa na contorna da fonte da Feira que contou cunha axuda de 32.000 euros

23/11/21 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Covelo na reparación da pista polideportiva e na creación doutra de skate

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe os traballos financiados no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha axuda que supera os 35.000 euros

15/11/21 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 35.000 euros na mellora enerxética do Museo do Viño e na reparación da cuberta da Casa do Concello da Teixeira

Gabriel Alén puxo en valor as puxo en valor os recentes investimentos da Xunta no concello como os da Consellería do Medio Rural de 30.096 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas

13/11/21 | 20:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello da Cañiza en melloras no polideportivo e na adquisición de colectores para a recollida selectiva de residuos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe este concello pontevedrés co que a Xunta asinará un convenio de colaboración por importe de máis de 70.000 euros

12/11/21 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Verea na dotación dun parque infantil e de equipamentos deportivos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou esta mañá as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, por un importe de 34.975 euros