Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

18/01/20 | 12:13 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá este ano case medio millón de euros en formar a profesionais do agro en prácticas innovadoras e de I+D

O orzamento de 2020 do Plan de transferencia tecnolóxica supón un incremento do 48% por cento con respecto ao do 2019

17/01/20 | 12:24 | C. do Medio Rural

A Xunta destina este ano 26 M€ en axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios

José González cualificou esta fábrica como unha “instalación de referencia” en Galicia no que atinxe á posta en valor do leite e lembrou que recolle na nosa comunidade uns 159 millóns de litros de leite ao ano e beneficia a 150 gandeiros

17/01/20 | 10:33 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza

O DOG publica hoxe a resolución que fai efectivo o acordo acadado co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

16/01/20 | 17:23 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Miño estudan vías de colaboración para a recuperación de terras agrarias neste municipio coruñés

O director xeral explicou ao rexedor as diferentes opcións que ofrece, ao respecto, a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que iniciará proximamente a súa tramitación

15/01/20 | 14:39 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará case medio millón de euros a recuperar o potencial forestal danado polos lumes no concello das Neves

O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde desta localidade para avaliar e reforzar as diferentes vías de cooperación realizadas ou en marcha

15/01/20 | 10:28 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural achega catro millóns de euros para a promoción de produtos galegos de calidade diferenciada

Esta liña de axudas que xestiona a Axencia Galega da Calidade Alimentaria está destinada a apoiar as actividades de información e fomento que realizan os distintos consellos reguladores e as asociacións de produtores

12/01/20 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural promocionou a marca de garantía 'Galega 100%' nun total de 25 accións ao longo do pasado ano

O obxectivo foi divulgar este selo de calidade diferenciada, que garante a procedencia do produto e a súa elaboración dentro da comunidade galega

10/01/20 | 13:49 | C. do Medio Rural

A superficie afectada pola rata toupa en diferentes concellos de Lugo rolda as 1.630 hectáreas nun total de 2.995 parcelas

Así o declararon os propios agricultores e gandeiros da zona, tras cumprirse a ampliación do prazo que eles mesmos solicitaron para avaliar a afectación

10/01/20 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou preto de dous millóns de euros na reestruturación parcelaria de San Bartolomeu de Berrande, no Concello de Vilardevós

Actualmente está pendente da aprobación do acordo, que dará a coñecer as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización

09/01/20 | 14:42 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Ministerio de Agricultura acordan levantar a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias comunicou esta medida tras reunirse co director xeral de Sanidad de la Producción Agraria, nunha xuntanza na que tamén participou Asturias