Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

15/07/21 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Rede Galega de Teatros e Auditorios programa a partir de setembro 10 funcións na comarca viguesa

O circuíto da Xunta encara o segundo semestre de actividade, no que ofrecerá 209 actuacións en 36 concellos de toda Galicia a cargo de preto de 100 formacións

15/07/21 | 12:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a Pontevedra a mostra homenaxe a Xela Arias 'Asinamos a ser libres'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición itinerante na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, onde permanecerá ata o 28 de xullo

15/07/21 | 11:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúea á quinta edición do 17º Ribeira Sacra Festival a través de Fest Galicia e o Xacobeo 21-22

O Goberno galego inviste 840.000 euros nos festivais profesionais de música mediante a marca coa que promociona Galicia como destino musical de calidade e a convocatoria anual de subvencións

15/07/21 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego asume a produción de dous novos espectáculos dirixidos por Cándido Pazó e Marta Pazos

Trátase dunha nova aposta da unidade de produción teatral da Xunta polos clásicos, cunha adaptación de A peste de Camus, e pola dramaturxia galega, a partir do texto de AveLina Pérez Ás 8 da tarde cando morren as nais

14/07/21 | 17:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o alto grado de execución do Plan Ribeira Sacra no seu primeiro ano pese á covid

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade informou no Parlamento de Galicia que a Xunta executou o 90% das actuacións previstas para 2020

14/07/21 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrece 46 actuacións escénicas en seis concellos lucenses adheridos á rede galega de teatros e auditorios

Un total de 35 compañías levarán os seus espectáculos no segundo semestre do ano a Lugo, Ribadeo, Burela, Monforte de Lemos, Foz e Viveiro

14/07/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca na inauguración da mostra Galicia Futura a capacidade dos galegos para evolucionar a través do cambio tranquilo, capaz de sintetizar tradición e progreso

Afirma que se a historia de Galicia é a historia dun cambio exitoso, débese a esa capacidade para acompasar a evolución de cada un dos galegos coa evolución do país no seu conxunto

14/07/21 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a fundación Paideia Galiza impulsan a XVI edición de ‘Mans Futuro’ para apoiar a excelencia nas ensinanzas musicais

Renóvase a colaboración para a convocatoria desta edición, na que se premia a tres titulados da especialidade de interpretación en conservatorios superiores galegos

13/07/21 | 20:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a oportunidade que brinda o Xacobeo para promover o intercambio cultural

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na inauguración dunha exposición no Pazo de Fonseca dedicada ao artista e arquitecto italiano Piraseni