Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

28/08/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras na Ponte de Valdriz e na súa contorna, nas que investiu 870.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, subliñou a importante mellora que supón a ampliación da estrutura, que pasa de 6 a 10,5 metros, e a creación da senda peonil e ciclista na LU-621

27/08/21 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia acomete a rehabilitación integral e enerxética do CEIP Pío Cabanillas de Dozón cun investimento de 313.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Adolfo Campos, supervisa os traballos, que avanzan segundo o cronograma previsto co obxectivo de rematalos no que resta de ano

27/08/21 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta confirma o acordo sobre as porcentaxes de adquisición dos terreos da fachada marítima e proponlle ao Concello da Coruña urbanizalos con fondos europeos

Vázquez Mourelle traslada a disposición da Xunta a participar na adquisición dos terreos achegando un 20%, e a Autoridade Portuaria un 5%, unha vez que a Administración local desexa pagar con cartos municipais o 75% do seu custo, para o que debe garantir que conta co apoio suficiente dos grupos municipais

27/08/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita a rehabilitación integral do colexio Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago

A actuación conta cun prazo de execución de cinco meses e céntrase na mellora da eficiencia enerxética

27/08/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Lousame no acondicionamento da pista polideportiva de Vilacoba

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as instalacións que van ser acondicionadas ao abeiro da Orde de Infraestrutura de uso público

27/08/21 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-445, no treito coincidente co camiño de Santiago a Fisterra, nos concellos de Cee e Corcubión

Os traballos desenvólvense entre os puntos quilométricos 4+500 e 4+820 e consisten na execución dun treito de senda para facilitar os desprazamentos dos peregrinos

27/08/21 | 10:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acometerá obras de mellora do firme na estrada LU-163, ao paso polo concello do Valadouro

A intervención, adxudicada por un importe de máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de 2 meses

26/08/21 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na LU-636, entre Sarria e Becerreá, nas que inviste máis de 711.400 euros

Esta actuación de reforzo está incluída nun contrato máis amplo que afecta ás obras nas estradas Nadela-Sarria-Monforte e na vía de A Pontenova a Aldeguer, ás que o goberno Galego destina preto de 1,7 millóns de euros

26/08/21 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 44 ofertas para a redacción dos proxectos de 5 actuacións para reducir o risco de inundacións en Padrón e Valga, que suporán un investimento de 305.000 euros

Trátase de redactar os proxectos para minimizar o risco de asolagamento nestes municipios, previstos no Plan de xestión específico para a área dos ríos Ulla e Sar

26/08/21 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará obras de mellora do firme na estrada PO-406, entre Varóns e Filgueira, no concello de Crecente

A actuación, que foi adxudicada por un importe de preto de 50.000 euros, iniciarase nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de dous meses