Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Goberno galego:

22/07/21 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta patrocina a edición 'esencial' do festival Sinsal a través de Fest Galicia e do Xacobeo 21-22

O Goberno galego inviste 840.000 euros nos festivais profesionais de música mediante a marca coa que promociona Galicia como destino musical de calidade e a convocatoria anual de subvencións

21/07/21 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reclama ao Goberno central fondos específicos fronte á covid no ensino e para contratación de profesorado

Tamén se deben incrementar os fondos para o Plan Recupera, que se viron minguados en 1M€

21/07/21 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca axudas para a celebración de festivais, certames e feiras culturais de carácter afeccionado

O Diario Oficial de Galicia publica estas subvencións dirixidas a institucións sen fins de lucro, entidades locais e agrupacións de concellos

20/07/21 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Volve ‘Monumenta’, o programa da Xunta que combina rutas a pé con actividades culturais

Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe no Mosteiro de Carboeiro (Silleda) os novos itinerarios, centrados moitos deles nas rutas de peregrinación a Santiago co gallo do Xacobeo

20/07/21 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O festival Bal y Gay levará 10 concertos de música clásica á Mariña Lucense en agosto co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participan hoxe en Foz na presentación dos concertos do vindeiro mes

20/07/21 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida ás familias a gozar de tardes de teatro, contos, circo, xogos e maxia con ‘Verán no Gaiás’

Do 21 de xullo ao 18 de agosto, este ciclo enche de actividades familiares as tardes dos mércores na Cidade da Cultura

19/07/21 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove Galicia como destino musical seguro a través dos 13 festivais da marca FEST Galicia

Román Rodríguez salienta a calidade da oferta na presentación da nova temporada desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego desde 2018 para apoiar unha serie de eventos musicais seleccionados pola súa traxectoria, profesionalidade e calidade

18/07/21 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta que o momento do audiovisual galego aínda non tocou teito na súa visita á rodaxe da serie ‘Operación marea negra’

O conselleiro asistiu á gravación de diferentes escenas, dirixidas por Daniel Calparsoro e a cargo dos actores Álex González, David Trejos e Leandro Firmino

17/07/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia ao sector editorial galego cunha axuda de 200.000 € para gastos de edición, distribución e comercialización das súas publicacións

O obxectivo desta convocatoria é contribuír á difusión das obras publicadas entre o público lector