Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

11/02/20 | 12:23 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Goberno central a elaborar unha lei estatal de incentivos fiscais para a actividade agrogandeira e forestal

José González solicita a Madrid que aproveite a transposición da normativa europea sobre prezos para modificar a lexislación nacional no sentido de afondar no obxectivo de evitar a venda a perdas

11/02/20 | 11:14 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 1,1 millóns de euros para as axudas de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da consellería pola que se establecen as bases reguladoras destas achegas, cuxo obxectivo é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas

10/02/20 | 15:36 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Galicia defenderá ante o Goberno central a ampliación do catálogo de condutas desleais para evitar a venda a perda no sector primario

Feijóo resalta que 1 de cada 10 explotacións en Galicia está dirixida xa por mozos menores de 30 anos

10/02/20 | 10:20 | C. do Medio Rural

O DOG publica o Plan Marco 2020-2021 da Xunta que investirá 12 M€ na mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrarias

O prazo para que os municipios presenten as solicitudes de axuda será dun mes a contar dende mañá

10/02/20 | 10:11 | C. do Medio Rural

O DOG publica o Decreto de artesanía alimentaria que porá en valor os produtos do agro e do mar feitos de xeito tradicional

A normativa dará garantías ao consumidor de que os produtos son elaborados artesanalmente e respectando a filosofía sostible da Galicia verde

09/02/20 | 13:50 | C. do Medio Rural

José González destaca que a Feira Xantar dinamiza a economía galega ao coordinar dous sectores fundamentais como son o agroalimentario e o hostaleiro

José González reafirmou o apoio do Goberno galego a este tipo de eventos porque constitúen unha oportunidade magnífica para dar a coñecer o mellor da nosa terra

08/02/20 | 11:35 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia da mobilización e recuperación de terras no sector vitivinícola

Os directores xerais da Agader e da Agacal participaron esta mañá no concello ourensán da Arnoia nunha xornada organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro

07/02/20 | 14:13 | C. do Medio Rural

A Xunta mobilizará este ano máis de 5.000 hectáreas de terras agrarias con figuras como os polígonos agroforestais

José González destacou tamén os labores vinculados coa creación de aldeas modelo e explicou que con estas iniciativas se trata de actuar agrupando e poñendo en produción parcelas en desuso ou abandonadas

07/02/20 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta outorgou o ano pasado case cinco millóns de euros en axudas para fomentar o uso de instalacións e equipamentos en réxime asociativo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá publicidade ás sete cooperativas beneficiarias destas achegas e ás contías que se lles asignaron

07/02/20 | 10:29 | C. do Medio Rural

Un total de 122 adegas e particulares beneficiáronse no 2019 de máis de 1,5 millóns de euros en axudas da Xunta para reestruturar e reconverter as viñas galegas

O DOG publica hoxe a resolución que dá publicidade aos beneficiarios das achegas convocadas pola Consellería do Medio Rural