Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

07/09/21 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de acondicionamento da estrada OU-129 nos concellos da Veiga, de Viana do Bolo e do Bolo, que supoñen un investimento de 1,2 M€

A intervención ten por obxectivo o reforzo do firme da estrada autonómica con actuacións complementarias ao longo de todo o seu trazado, de algo máis de 10 km de lonxitude, de cara a mellorar a seguridade viaria

07/09/21 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remite ao Goberno de España a declaración institucional ‘por un rural forte e conectado’, na que 153 concellos reclaman un reparto equilibrado dos fondos Next Generation de Mobilidade

Vázquez Mourelle demanda sensibilidade coas peculiaridades de Galicia ao Ministerio de Transportes para que os municipios pequenos poidan impulsar o seu desenvolvemento e frear o seu despoboamento con acceso aos fondos europeos

07/09/21 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de acondicionamento de beirarrúas na estrada PO-551 ao seu paso polo concello de Bueu

A actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, ten como obxectivo mellorar a estabilidade da beirarrúa na marxe dereita da vía

07/09/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre este mércores o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de condución segura de motos, que se celebrarán en setembro e outubro

Nesta convocatoria celebraranse 8 cursos, que se impartirán o 25 de setembro en Ferrol, o 26 en Santiago, o 2 de outubro en Pontevedra e o 3 en San Cibrao das Viñas

06/09/21 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis 170.000€ na substitución das carpinterías do CEIP Alfredo Brañas de A Laracha

Gonzalo Trenor lembrou que as obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade contemplan 35 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento global de 2,8 millóns de euros

06/09/21 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Territorial da Xunta en Pontevedra informa dos vindeiros investimentos para a comarca da Paradanta por 1,8 M€

O delegado territorial, Luis López, preside este encontro mensual cos responsables territoriais das consellerías, que se celebra por segunda vez de xeito itinerante no Lugar dos Devas, no Concello de Covelo, tras o celebrado en Oia o pasado xullo

06/09/21 | 14:03 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta o novo Centro de Saúde do Saviñao como exemplo do compromiso coas infraestruturas sanitarias cun investimento de 8M€ no sur da provincia de Lugo

Reitera o compromiso do Goberno galego de seguir coa transformación da Atención Primaria, a través de novas tecnoloxías e cun modelo máis proactivo e con vocación comunitaria

06/09/21 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a construción dunha senda peonil na estrada AC-413 no concello de Ordes

Os traballos, cun investimento de máis de 48.000 euros, consistiron na construción dun itinerario entre o inicio da vía autonómica e o punto quilométrico 0+350

06/09/21 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que en novembro estará rematada a nova glorieta da AC-550 en Xuño, que reforzará a seguridade viaria nesa contorna de Porto do Son cun investimento de 322.000 €

Salienta que a nova glorieta no cruzamento coas vías da igrexa e da praia das Furnas optimizará os movementos e mellorará a seguridade no lugar do Cruceiro, nun treito da vía autonómica polo que circulan máis de 5.000 vehículos ao día

05/09/21 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias de Lugo e da Coruña

Iniciaranse estas tarefas na estrada LU-172, en Muras; na LU-540 en Muras e Xermade; na LU-120 ao seu paso por Vilalba, Cospeito, A Pastoriza e Castro de Rei; e na vía de alta prestacións Cee-Sardiñeiro, en Fisterra