Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

08/09/21 | 16:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez solicita que o Concello das Neves se sume á demanda dun reparto xusto dos fondos Next Generation para facilitar a execución de sendas no municipio

Lembra que os condicionantes impostos polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana dificultan os investimentos nos municipios máis pequenos como o das Neves, ao primar aos de máis de 50.000 habitantes

08/09/21 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora da seguridade viaria nas estradas AC-222 e AC-542, nos treitos coincidentes coa traza do Camiño Inglés, en Carral e en Abegondo

As actuacións nestas dúas vías autonómicas consisten na execución de tres tramos de senda para reforzar a seguridade dos peregrinos

08/09/21 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/09/21 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis 67.000 na substitución das carpinterías do CPI de Fonte-Díaz

Gonzalo Trenor lembrou que as obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade contemplan 65 actuacións en centros educativos da área de Santiago cun investimento global de 6,5 millóns de euros

Este verán estanse acometendo nesta zona seis actuacións cun orzamento de 2,9 millóns de euros

08/09/21 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta levará a cabo obras de mellora na estación de autobuses do Grove

Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, prevén iniciarse ao longo do mes de outubro co obxectivo de telos finalizados este mesmo ano

07/09/21 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Valga o convenio para executar as obras necesarias para minimizar o risco de inundación nos ríos Louro e Valga cun investimento autonómico de 1,25 M€

Mellorarase o espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña de ferrocarril; o espazo fluvial do río Valga entre a liña do ferrocarril e a rúa Devesa; ademais de protexer a marxe dereita do río Valga ao seu paso polo municipio

07/09/21 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra en Abegondo unha xornada cos 6 concellos seleccionados para a elaboración de plans municipais de abastecemento autónomo

Máis de 100 representantes das entidades locais e comunidades de usuarios dos municipios de Oia, de Baleira, de Oímbra, de Mondariz, de San Xoán de Río e de Cerdedo-Cotobade asisten a este encontro

07/09/21 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 120.000 euros á mellora da estrada municipal que conecta Meizarán (Triacastela) e Fillobal (As Nogais)

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se renova o firme en 2,5 quilómetros con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais que xestiona a Consellería do Medio Rural

07/09/21 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na travesía de Esteiro, en Muros

Os traballos, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, teñen un prazo de execución de 3 meses

07/09/21 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora das infraestruturas viarias do Concello de Moraña

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, os traballos realizados no municipio con apoio da Xunta

A actuación enmarcase na Orde de Infraestuturas de uso público a través da que o Goberno galego financia obras de mellora das instalacións municipais