Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

04/08/21 | 15:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva á Coruña a mostra ‘40 anos de Autonomía de Galicia 1981-2021’, que narra a transformación do país desde a aprobación do Estatuto

Román Rodríguez salienta que o texto estatutario aprobado en 1981 supuxo un triunfo da vontade popular e unha reivindicación dos valores democráticos “que latexaban na sociedade galega” ao tempo que trouxo consigo “un inédito esplendor cultural, lingüístico e educativo”

04/08/21 | 14:57 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o labor conservador e divulgativo dos museos e a súa potencialidade no marco do turismo seguro

Avanza que Ribeira acollerá nun proxecto piloto a primeira residencia do novo modelo de coidados que se implantará en Galicia

04/08/21 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza con 3,5 M€ o funcionamento da Orquestra Sinfónica de Galicia, a maior achega feita nunca

Román Rodríguez salienta que o apoio do Goberno galego garante a presenza do repertorio de música clásica de calidade no marco da programación do Xacobeo 21-22

04/08/21 | 13:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o Foro de Instrumentos Musicais #Resonancias do festival ‘Música no Claustro’

Artesanía de Galicia estará presente neste encontro profesional que se celebra hoxe e mañá na Catedral de Tui e que está centrado na investigación, documentación, innovación, restauración e conservación dos instrumentos

03/08/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a creación pictórica feminista no encontro de cultura urbana ‘Delas Jam’

Promovido por 7H Cooperativa Cultural, a Delas Jam é un encontro de improvisación pictórica terá lugar na Cidade da Cultura o 4 de setembro, no marco da iniciativa Mulleres e Cultura Urbana

03/08/21 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica 540.000 euros en subvencións a 28 festivais de música e de artes escénicas

A modalidade para eventos musicais, que distribúe 340.000 euros entre 19 citas, retómase este ano despois de que en 2020 fora substituída por outros apoios debido ás cancelacións pola pandemia

02/08/21 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova o seu apoio ao festival Rogelio Groba, que se celebra desde o 14 ao 20 de agosto

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a nova edición que reunirá unha decena de intérpretes de distintas partes do mundo

02/08/21 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As axudas da Xunta ao talento audiovisual distribúen 194.000 euros entre 19 guións, curtas, longametraxes e webseries

Publícase a adxudicación da convocatoria de 2021, que experimenta un novo incremento orzamentario despois de que o Goberno galego reforzara esta liña de subvencións o ano pasado no marco do Plan de reactivación do sector cultural

01/08/21 | 13:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escena e a música de Galicia viaxan por 10 países co apoio das axudas da Xunta á distribución cultural

Publícase a adxudicación de 460.000 euros en subvencións, a través das que se contribúe ao desenvolvemento de máis de 500 funcións escénicas, concertos e accións de difusión en mercados profesionais fóra de Galicia

Debido á actual situación sanitaria, os principais destinos das xiras desta convocatoria son localidades do resto de España e de Portugal, pero tamén de Alemaña, Bulgaria, Costa Rica, Francia, Holanda, Italia, Polonia e Reino Unido

Carlos Núñez, La Macana, Luar na Lubre, Matarile, Novedades Carminha, Pistacatro, ou Xosé A. Touriñán atópanse entre os máis de 65 artistas, grupos e compañías beneficiarios da convocatoria de 2021

01/08/21 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece a implicación dos profesionais do sector do libro na celebración do 50 aniversario da Feira do libro da Coruña

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración desta cita que se celebrará ata o 10 de agosto nos Xardíns Méndez Núñez