Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

17/07/21 | 12:26 | C. de Sanidade

Sanidade regula a acreditación do persoal de enfermería para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos

A Orde pódese consultar no DOG Núm. 134 do xoves 15 de xullo do 2021, e entrará en vigor aos 20 días da súa publicación

17/07/21 | 10:10 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.417 casos activos por coronavirus

Un total de 127.698 pacientes xa están curados

16/07/21 | 12:07 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo Centro de Saúde de Narón, cun investimento de case 6 millóns de euros, como exemplo da aposta pola atención primaria con máis e mellores servizos

Afirma que con esta nova infraestrutura increméntase un 60% a superficie con respecto ao centro de saúde anterior, o que permitirá ofrecer unha atención reforzada e ampliada

16/07/21 | 10:44 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.319 casos activos por coronavirus

Un total de 127.459 pacientes xa están curados

15/07/21 | 21:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta estuda coa hostalería e co ocio nocturno medidas que garantan a súa apertura e a seguridade dos seus clientes

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse con representantes do sector para avaliar a nova situación epidemiolóxica en Galicia e como afecta aos seus negocios

15/07/21 | 14:44 | C. de Sanidade

Sanidade pon en marcha plans de saúde locais nas sete áreas sanitarias

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Estrella López-Pardo, explicou, no Parlamento de Galicia, as medidas adoptadas para a transformación do primeiro nivel asistencial

15/07/21 | 10:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 7.208 casos activos por coronavirus

Un total de 127.228 pacientes xa están curados

14/07/21 | 19:32 | C. de Sanidade

O Sergas manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo en Marín

Así o sinalou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento de Galicia

14/07/21 | 14:54 | C. de Sanidade

Sanidade limita a dez persoas as reunións nas terrazas da hostalería

Establece no nivel medio e medio baixo un máximo de 6 persoas no interior dos locais de hostalería e 10 no exterior. Ademais, recomenda estas limitacións con ámbito xeral. No nivel alto non está permitido o servizo en interior

14/07/21 | 11:58 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 6.298 casos activos por coronavirus

Un total de 127.043 pacientes xa están curados