Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

11/08/21 | 10:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida a visitar a exposición Faraón. Rei de Exipto que pecha este domingo no Museo Centro Gaiás

Froito da colaboración entre a Fundación “La Caixa” e o Goberno galego, a mostra exhibe desde marzo obras únicas das coleccións do Antigo Exipto do British Museum

09/08/21 | 13:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta subvenciona os novos proxectos de creación escénica de 30 compañías profesionais galegas

Publícase a adxudicación de 800.000 euros en axudas a 16 propostas de teatro, novo circo e maxia, sete de nova creación e cinco de danza e artes do movemento, así como aos proxectos trianuais de Malasombra Producións e Teatro do Noroeste

08/08/21 | 12:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a internacionalización das galerías de arte e da cultura galega con axudas de ata 4.000€

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se establecen as bases desta subvención para colaborar cos profesionais das galerías de arte

07/08/21 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a calidade artística e afectiva das pezas que exhibe o Museo do Xoguete, en Lalín

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade acompañou ao alcalde José Crespo na inauguración deste novo proxecto museístico que pode visitarse no Pazo de Liñares

06/08/21 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participou na presentación do proxecto "Un mes e pico" en Boqueixón incluido no programa O Teu Xacobeo

O delegado da Xunta na Coruña participou no primeiro acto de presentación do ciclo cultural “Arqueoloxía do Pico Sacro e a Cultura Xacobea”

06/08/21 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licitará a próxima semana a restauración dos retablos da igrexa do colexio do Cardeal de Monforte de Lemos, nos que inviste 87.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se realizará unha completa intervención, dende a limpeza e desinsectación ata a reintegración cromática e de volumes onde sexa preciso

05/08/21 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á celebración do Festaclown en Vilagarcía a través das súas axudas a festivais

É un dos encontros subvencionados na modalidade de artes escénicas, que distribúe a súa dotación de 200.000 euros entre nove mostras de toda Galicia

05/08/21 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación sinfónica do Xacobeo 21-22 incluirá unha trintena de concertos e catro xiras musicais en colaboración coas principais agrupacións de música clásica de Galicia

A Xunta inviste 1,5M€ nestas actividades que percorrerán toda a xeografía galega, con escenarios en lugares de interese patrimonial e do Camiño

05/08/21 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ciclo da Xunta ‘O país das bandas’ ofrece concertos o sábado en Oia, Mos e Salvaterra de Miño

A iniciativa, enmarcada na programación cultural do Xacobeo, ten como obxectivo impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade

04/08/21 | 15:12

O centro de visitantes da Illa de Ons acolle desde hoxe a exposición ‘Ons Soa’

Na mostra, que se poderá visitar ata o 15 de setembro, articúlase a través de 18 fotografías un relato autoetnográfico sobre o patrimonio cultural deste espazo insular do Parque Nacional das Illas Atlánticas