Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade realizará nos centros residenciais cribados de todos os profesionais cada 14 días
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe, no Parlamento de Galicia, que nos novos cribados utilizarase para os profesionais das residencias a técnica de pooling, o que posibilitará realizar a procura de casos noutros colectivos poboacionais dun xeito máis áxil
A Xunta de Galicia licita a construción da nova escola infantil da Guarda, que contará con 41 prazas
O centro permitirá aumentar a ratio de atención infantil ata o 48%, 15 puntos superior ao recomendado pola Unión Europea
Os primeiros 'Premios Galicia de Acción Voluntaria' recoñecerán a labor solidaria de persoas e asociacións fronte á covid-19
Hai tres modalidades de premios, cada unha delas dotada con 4.000 euros: á voluntaria ou voluntario do ano, á organización de acción voluntaria e ao mellor proxecto
A Xunta convoca a orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF destinadas a programas sociais por un importe de 11,5 M€
Aínda que o Goberno central non deu a coñecer o importe final que lle corresponde a Galicia, publícase xa para que as entidades sociais poidan planificar con tempo os programas que van desenvolver
A Xunta de Galicia destinará 35.000 euros ao arranxo da cuberta da vivenda comunitaria de Castrelo de Miño
A Consellería de Política Social e o municipio ourensán asinan un convenio para arranxar os problemas de filtracións e humidades que ten esta instalación
Fabiola García destaca a importancia de preservar a atención directa e personalizada das persoas con Alzhéimer
Lembra que os usuarios dos centros de día poderán seguir acudindo ás instalacións a pesar de estar en concellos con restricións
A Xunta destaca a importancia que ten o Plan de recuperación social para mitigar o impacto da covid-19 nas familias galegas
Entre as medidas específicas para as familias salientan as bolsas de comedor escolar, a Tarxeta Básica e os Bonos Coidado Extraordinarios para familias con nenos ou con persoas dependentes ao cargo
Jacobo Rey, Fernando González e Antón Acevedo toman posesión como novos directores xerais de Familia, Maiores e Atención Integral Sociosanitaria respectivamente
Jacobo Rey Sastre asume a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica en substitución de Amparo González
A Xunta dota as residencias e centros de día de novas medidas para que poidan seguir abertos aínda que estean en concellos con restricións por mor da covid-19
Tanto uns coma outros centros terán que establecer grupos de convivencia estables dun máximo de 10 usuarios
O Goberno galego retoma o calendario lexislativo coa aprobación dos tres primeiros textos relativos ao impulso demográfico, á ordenación do territorio e á pesca fluvial sustentable
Feijóo recorda que Galicia será a primeira comunidade de España en contar cunha Lei de impulso demográfico