Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

14/09/21 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sela con Padrón o acordo para investir 3 M€ na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar cuxas obras se licitarán a mediados do vindeiro ano

Vázquez Mourelle subliña que o obxectivo é ter rematadas as actuacións a finais do ano 2023, dentro do período establecido para a execución dos fondos europeos FEDER con que serán cofinanciadas

14/09/21 | 11:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de instalación de novo peitoril na Ponte Vella da estrada AC-550 en Noia

A intervención, cun investimento de máis de 48.000 euros, ten como obxectivo protexer os peóns que circulan pola beirarrúa

13/09/21 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos para a instalación de cerramentos na vía de altas prestacións CG-2.2 no Corgo para evitar accidentes pola irrupción de fauna

Estes traballos enmárcanse nun contrato que tamén inclúe a instalación deste cerramento na AG-64, en Sedes, en Narón, cun investimento global de 353.000 €

13/09/21 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aposta por pasar das palabras aos feitos na fachada marítima da Coruña e pechar xa o acordo para empezar a urbanizar Batería e Calvo Sotelo

A Xunta propón un marco xeral de colaboración para a reordenación do espazo portuario, que diferencia os terreos de Batería e Calvo Sotelo, nos que xa se pode actuar, do ámbito de San Diego, cuxa recuperación debe planificarse a medio prazo

12/09/21 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga

A intervención, adxudicada por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 2 meses

12/09/21 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias de Pontevedra, da Coruña e de Lugo

Iniciaranse traballos na PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra; na autovía AG-64 en Narón; e nas estradas LU-160 e LU-122 en Meira e Lourenzá

11/09/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-445, no treito coincidente co camiño de Fisterra, no concello de Cee

A actuación céntrase na sinalización de dous cruzamentos da vía autonómica nos puntos quilométricos 6+360 e 6+620, habilitándose ademais no segundo deles un treito de senda de 10 metros de lonxitude

10/09/21 | 18:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre ao tráfico o nó dos Concheiros, en Santiago, nos dous sentidos de circulación

Desde esta tarde pode circularse en sentido subida e baixada, dándolle continuidade ao tráfico ascendente da avenida de Lugo e ao descendente de Rodríguez de Viguri

10/09/21 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Axencia Galega de Infraestruturas presta apoio técnico ao concello de Viveiro para avanzar na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Técnicos do departamento de estradas da Xunta reuniranse cos técnicos municipais que participan na redacción do PXOM coa fin de determinar, polo miúdo, os criterios sobre os detalles técnicos relativos á rede viaria que permitan pechar o documento